Ven, 13 Xuñ 2008, 14:11
Asunto: Re: V Carreira Nocturna de Celanova (Ourense)
Saúdos.
Fructuoso, non estou moi seguro de si coñeces exactamente todo o trasfondo do que sucedeu con esta carreira de Ourense e coa de Celanova. Eu sí.
Si estás ó tanto do acontecido non parece moi razoable darlle perabéns á Organización da Ourensá e á túa admirada Federación e menos nesta sección.
En calquer caso ós atletas federados (recordo que no Pato Blanco hai 14 federados que correrán en Celanova) tamén se lles permite correr en probas que a Federación nin sabe da súa existencia e non por eso se disfruta menos nin teñen menos "glamur".
Claro que a carreira de Ourense será moi bonita (coma o San Martiño, o Maratón do Miño, A Andaina....), pero podes estar seguro que a de Celanova non o será menos e contaremos cun gran apoio dos atletas populares que xa se pode comprobar vendo o elevado número de inscripcións en championchipnorte neste momento.
Fructuoso que cada quen vaia onde queira, pero ten en conta que o que fixeron dende a Capital non estivo ben, e que para os que humildemente axudamos e nos está costando moito consolidar unha boa carreira (esta é a 5ª) valoramos moito os apoios que estamos a ter de toda a familia do atletismo popular, e cada vez que vemos un inscrito máis sentímonos ben. E impórtanos moi pouco o "glamur", a Federación e outras cousas parecidas.....entón non nos amoles.