Mar, 17 Xuñ 2008, 20:27
Asunto: Re: V Carreira Nocturna de Celanova (Ourense)
DICE FRUCTUOSO: Digovos unha cousa, os corredores gustallens correr con ambiente, con xente nas ruas, que os anime etc. e non e por nada pero a primeira occión de todas e a NOCTURNA DE OURENSE. Si no o vedes así seguir falando e xa veremos quen ten a razon. Seguir enturviandolo todo. A xente non e tonta. Xa veremos en que carreira hubo mais participantes
A verdade é que neste foro, en todos os círculos atléticos de Ourense, en toda a familia de atletismo popular é unánime a opinión de que:
1º.- A carreira de Celanova será triste, aldeana e sen animación ningunha.
2º- En Celanova non haberá ambiente - seguro-.
3º- Somos - os de Celanova - a opción "B", residual para os da vila e das aldeas da Mancomunidade, pouco máis!!
4º.- Somos claramente a segunda opción. Asumimos con resignación a condición de subalternos que nos adxudicas.
Fructuoso, gracias por situarnos no mapa atlético da provincia e do país. Porque a verdade é que os veciños de Celanova en xeral, a Organización en particular, e os membros do Pato Blanco, necesitabamos que algúen, coma tí, nos puxese no lugar que nos corresponde: gregario e e expensas do que decida a metrópole. Perdoa tu e os organziadores por ter escollido o día 28 sábado con antelación, sen prevér as vosas intencións.
Por todo o anterior, e para non estragar o esforzo e a ilusión de moita xente, pedímoslle á Comunidade Atlética Galega que nos acompañe na noite do 28 en Celanova.
Un saudo entusiasta desde Compostela - pero co corazón en Celanova-.