Sáb, 21 Xuñ 2008, 22:03
Asunto: Re: operación astrágalo
Sorte
Manolovic, espero que a operación salga con éxito. A Ciencia adiantóu unha barbaridade, e sobor de todo, as recuperacións son moi rápidas.
Fai uns 22 anos era distinto. Meu irmán que era un atleta que facía 400 mts, ou 800 mts, agora no me lembro ben, que pertencía o desaparecido clube ATHLOS de Ourense, sofreu un esguince de nocello moi forte, e foi de urxencia a Residencia da capital das Burgas. Pois foi todo unha verdadeira chapuza , vendárono como se non tivera nada cando na realidade é que o tiña fracturado. En total,que o operaron unhas cuantas veces e o peor de todo, foi que despois de moitos meses de mala recuperación, ficou o nocello lesionado de por vida, e endexamáis poido facer mais atletismo. Tiña daquelas 18 anos e andaba moi ben a nivel galego.
Moita sorte, e espero verte brincando nas estradas no tempo máis breve posibel, pero, é importante que non teñas prisas e leves ben tódalas páutas da recuperación.