Dom, 22 Xuñ 2008, 10:48
Asunto: Re: IV Carreira Nocturna de XINZO DE LIMIA (21/06/08)
Bueno pois antes de nada felicitar os organizadores e colaboradores desta proba, para min tan especial, xa que e das poucas que hai totalmente llanas (alomenos que eu coñeza).
Logo agradecerlle a Jeffxavi que me chamara e me sacase do meu erro, xa que pensaba que a carreira era mais tarde…a etuxia que nos apartase os dorsais, e os coñecidos que animaban entre as estreitas ruas.
Para variar cheguei co tempo xusto, 5min de quentamento e unhas progres. Visita de última hora o “señor roca” e plash a dar o callo. Nos primeiros intres non forcéi moito xa que non tiña moi boas sensacións (sentia as pernas e o corpo en xeral medio adormecido, sen moita chispa) xa oio a Jeffxavi: como vas!!! risas e eu respondolle fala menos e cooorre jeje. Continuo a miña marcha deixando atrás algunha xente ata que dou con Antonio Folgoso, e dedícome a manterme a duras penas tras el, xa que para as miñas expectativas e mais que suficiente. Logo acelera e topamos cun grupito dous veteranos (que parece que levan nitro nas zapatillas) etuxia e algún mais que non coñezo. Manteñome tras eles ata que falta kilometro e pouco para o final, ahí adiantos sin saber moi ben se podería sequera chegar canda eles. Para sorpresa de min mesmo sinto como as pisadas que tanto me agobian van quedando atrás, o esforzo e considerable, inda quedaba unha boa distancia (non era tal, pero sabedes que cando se vai cerca do límite ata 100 metros se poden facer eternos). Xa sinto a xente na meta, so un ultimo esforzo e todo estaría rematado, cambio o ritmo e esprinto. Dobro a última esquina e xa está. Etuxia entra moi preto, que ben aguantou, que espiritu de loitador, non se rendiu e recortoume case toda a ventaxa que lle sacara no killometro anterior.
O final dime Jeffxavi que fumos a 3:45 o Km, non o creo. Por fin unha boa carreira.
Como colofón imos tormar unhas cerveciñas frescas(como decía o outro amigo eran caldeiros jeje).
Perdoade si e un toston. Saudos
Jeffxavi sinto o do polar, a ver si tes sorte e o atopou algunha alma caritativa que cho regrese.