Mar, 24 Xuñ 2008, 21:18
Asunto: Re: Penedos do Lobo 3ª Edición
Eu xa estou inscrito. Teño un excelente recordo do ano pasado, por todo: o entorno polo que se desenvolve, a beleza agreste dos cumios de Manzaneda, a variedade do percorrido: camiños forestais, cortalumes, sendeiros, monte baixo, pistas, corredoiras.
Dese a miña humilde opinión - escasa experiencia en carreiras de montaña: só participei en seis - permítome aconsellarvos varias cousiñas:
1º.- Dormir nos apartamentos da Estación é unha moi boa opción. Eu fíxeno o ano pasado e quedei contento: descansei ben, e a relación calidade prezo é moi xeitosa. O sábado estiven cos organizadores, trotei nos arredores, subín no telesilla ata o Alto de Manzaneda, e relaxeime á vontade.
2º.- O que máis duro me pareceu foi a baixada que hai entre o quilémetro 22 e 27 (aprox.). E pronunciada, técnica e tira bastante dos isquiotibiais e dos cuádriceps. Os que somos pesados coma mín temos que nos medir. No resto do percorrido a prova xa te pon no teu sitio: non hai que se preocupar do ritmo: agas nos 12 primeiros quilómetros, nos cales se se apreta máis da conta, pode pasar factura.
3º.- As condicións metereolóxicas - imprevisibeis nestas cotas- determinarán a hidratación. En todo caso sendo metódico cos avituallamentos e levando un "bidón reserva" é suficiente.
4º.- Neste foro no que abundan os "listos esixentes" dicir que a organización do ano pasado pareceume perfecta: sinalización, ubicación dos avituallamentos, consellos pre-carreira, elección do percorrido, atención ao corredor ao longo da prova.
5º.- O entrenamento que eu fago consiste en sair de unha a duas veces por semana polo monte en altitudes de entre 1.000 e 1.500 metros. E desde que falten 8 ata que falten 3 semanas meterlle unha tirada longa á semana (entre 2 h, e 2 h, 15 min.) eu non son partidario de máis.
E non digo nada mais, porque hai xente no foro con maior experiencia e coñecementos ca min. As miñas impresións son fruto da experiencia e da intensidade coa que vivín a carreira o ano pasado.
Xa contamos os días...