Foros ›
II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Mar, 08 Xul 2008, 17:41
Asunto: Re: II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo

Por sorte ou por desgracia, a crónica que podo facer eu da carreira é diferente, tocoume estar na organización. Por iso, estou moi ledo contento de ler tódalas crónicas que estou lendo. Agradecerlle a tódolos participantes os seus comentarios.
Xa sei que moitos dos atletas que participaron estaban fóra de tempada, pero aínda así decidiron ser da partida. Non vou dar nomes, porque de seguro que me esquezo de alguén. Pero si apunto, en xeral, ó CARSANTIAGO (recén bautizado CARISOTÓNICAS) e ó CARMA. Para eles e para tódolos participantes, moitas gracias.
O que si penso que é de recibo é agradecerlle a toda a xente que dun xeito ou outro participaron na organización:
Ós que o sábado pola tardiña fomos marcar o percorrido (Castinheiras, Urko, Edu, Marga, Castinheiras, Supercoco e, sobre todo, a Lentoperosejuro, o home do mazo)
A todos que o domingo estaban alí ás 7 da mañán para revisar o percorrido (aquí inclúo a Pachicho).
E tamén a todos aqueles (fotógrafos, os do vídeo, os dos cruces, os dos dorsais, os do avituallamiento,...) que dende a tarefa que tiñan encomendada contribuiron a que esta II CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS DO CORGO fóra un auténtico éxito.
AVILESINA

Novo foreiro
Novo foreiro
10/03/07
0 Carreiras
41 Mensaxes
Avilés-(Asturias)
Respostar citando Envío Mar, 08 Xul 2008, 21:20
Asunto: Re: II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo

ME DAIS MUCHA ENVIDIA ,PERO ENVIDIA SANA OIR LOS COMENTARIOS DE LA II EDICCION DE LA CARRERA DE CORRUBEDO,EN LA CUAL EL AÑO PASADO PARTICIPE Y QUEDE ENCANTADA DEL PAISAJE Y DEL LUGAR ,Y POR SUPUESTO DE LA ORGANIZACION QUE SE MERECE UN 10 Y POR QUE NO HAY MAS PUNTUACION.LA LASTIMA ES QUE DESPUES DE MOLESTARSE TANTO EN ORGANIZARLA HUBIERA POCOS ATLETAS,ESPERO QUE PARA EL AÑO QUE VIENE PUEDA PARTICIPAR , SI LA SIGUEN HACIENDO.UN SALUDO A TODOS LOS QUE DISFRUTASTEIS DE TAN BELLOS PARAJES,Y A TODA LA GENTE QUE CONOZCO Y ME HACE SENTIR COMO EN MI CASA CUANDO ESTOY POR AHI.
AVILESINA :=D>
ojordo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
26/12/06
0 Carreiras
1212 Mensaxes
De la cuna de Simon Bolivar y ahora en la ciudad donde nadie es forastero
Respostar citando Envío Mar, 08 Xul 2008, 21:29
Asunto: Re: II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo

Con la cantidad de gente que lie para que fueran a esta carrera y va este zagaleton y no acude. Os podria decir veinte mil excusas,pero, la verdad es que me quede dormido Muro Muro Muro . No sabeis el cabreo que llevo encima conmigo mismo. Enfadado Enfadado Enfadado . Mil disculpas a los que deje esperando como novia de pueblo......Vestidos y alborotados Avergonzado

Entra en mi blog y si te gusta recomiendalo y si no... tambien para que se jodan los demas...
ojordo.blogspot.com/
banderas

Maratoniano
Maratoniano
13/09/06
0 Carreiras
3318 Mensaxes
Gondomar
Respostar citando Envío Mar, 08 Xul 2008, 22:43
Asunto: Re: II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo

Eu sei de un que foi porque ti o meteches en danza que che vai dar para o pelo... ti xa sabes... un de barbas e con pouco pelo na cachola Guiño
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Mér, 09 Xul 2008, 8:30
Asunto: Re: II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo

Na páxina da Cofradía da Dorna, no apartado de inscripcións, tendes a clasificación e tamén nese mesmo apartado algunhas fotos.
Tom

Foreiro Senior
Foreiro Senior
14/05/07
0 Carreiras
361 Mensaxes
Nación Española
Respostar citando Envío Mér, 09 Xul 2008, 9:58
Asunto: Re: II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo

Gracias por todo Castinheiras :=D> :=D> :=D>

YA VUELVO A ESCRIBIR EN EL BLOG ....
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1360 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 09 Xul 2008, 16:23
Asunto: Re: II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo

AVILESINA escribió:
LA LASTIMA ES QUE DESPUES DE MOLESTARSE TANTO EN ORGANIZARLA HUBIERA POCOS ATLETAS

Cando un par de días antes desta carreira, Castinheiras nos indica que está un pouco desanimado pola, relativamente, baixa participación, o primeiro que lle dixemos era que tíñamos que intentar facer unha carreira que mirase máis a calidade que a cantidade...Penso que a organización consigueu de lonxe que os que participaron voltasen para os seus fogares ca sensación de que habían sido amablemente tratados, que se había feito un gran esforzo para que estuvesen contentos, dende o primeiro ó derradeiro. E este é precisamente o que nos enche de ledicia ós que dalgún xeito participamos neste evento. ¿A alguén lle importa, cando recibe a aperta agarimosa dun fillo, que solo sexa un?? ¿Sería máis profundo, sinceiro, afectouso si fose de sete ou oito? Pois esa é a sensación que temos agora mesmo...que máis da que fosen 100 ou fosen 400?...O afecto e cariño que nos amosaron cos seus comentarios os corredores que participaron cubren con creces a ilusión que se volcou na organización desta carreira...Por eso, Avilesina, de lástima, nada...un enorme orgullo habermos tido a tantos campeóns en Teira....!!!
Nonsí, Castinheiras??
VicMan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
21/11/06
0 Carreiras
300 Mensaxes
Colorado Springs
Respostar citando Envío Mér, 09 Xul 2008, 23:12
Asunto: Re: II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo

Que razón levas URKO, últimamente ando algo desaparecido porque xa levo un bo tempo parado, semella que o nocello non me quere deixar. Sen dúbida sería da partida xa que coñezo o bo trato que se da nesa proba (coma na maioría, ben é certo), a máis fermosa que corrín e unha carreira na que, estando ben, non faltarei en sucesivas edicións. Sintoo tamén por outras carreiras as que tiña pensado ir. Pero esta ten algo especial, é que a zona gústame moito. Seguro que tódolos que fostes quedastes encantados.
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Xov, 10 Xul 2008, 7:16
Asunto: Re: II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo

Que razón tés, curmán Urko, penso que a participación non marca a calidade dunha proba. Enténdase por calidade todo aquelo que rodea á boa organización dunha carreira (sinalización do trazado, avituallamiento, entraga de dorsais,...). Dende outro punto de vista pódese dicir que ésta é unha proba selecta, onde só uns poucos poden tomar parte e onde só outros poucos se atreven a tomar parte.
Por un instante pecho os ollos e imaxínome a 10.000 persoas correndo polo asfalto dunha proba desas multitudinarias que lle gusta á maioría da xente. E volvo a pechalos e esta vez imaxínome todo o que pode sentir un atleta que participa na proba do Corgo.
A isto súmolle o trato dispensado a cada atleta, un trato persoal (os atletas non eran números de dorsais senón que eran amigos ou coñecidos).
En resumo cando ides cear coa vosa parella ou fillos que preferides comida casera de alta calidade e estupendo sabor nun sitio acolledor ou comida rápida onde a xente está á cola para que o sirvan?
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Xov, 10 Xul 2008, 8:58
Asunto: Re: II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo

O Corgo é vento na cara e arume mariño. Arume a mar bravo. Arume a argazos e herba recén cortada. Correr polo Corgo é deleite para os sentidos: paisaxes abertas ó mar que cansan o corpo e alegran a alma.....Ledicia para a vista.....Tacto da herba, da lama, da terra......Sons de mar.....Sons do silencio, sons do vento nos muros de pedra, vellos, de toda a vida, que pechan as leiras dos labregos de Teira........Sabor de salitre na lingua…sabor a mar......
Son fragmentos da presentación que Urko escribeu para a carreira, todos os podedes ler, soamente os que participaron o poden sentir.
Quedome ca frase de un periodista " máis que correr, aquelo é un poema".
Seguimos pensando o mesmo, en próximas edicións que veña quen queira, faltaría máis, nesta, nos alegramos polos que participarón e o sentimos polos que decidiron non vir.
Cabuxa

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/11/06
0 Carreiras
388 Mensaxes
El Molinón, grada Este // Mexillón Arena, Tribuna Sur
Respostar citando Envío Xov, 10 Xul 2008, 10:53
Asunto: Re: II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo

Ola a todos! Perdoade polo retraso en escribir, pero aínda que tarde, non quería deixar de dar os meus PARABÉNS á organización da carreira do Corgo. Pareceume un percorrido espectacular, e ademáis impecablemente sinalizado, cun persoal super amable e situado nos puntos clave do camiño. Unha desas carreiras que disfrutas á marxe do teu estado de forma, que da gusto só chegar á meta. Dígoo absolutamente en serio, para min unha das máis bonitas nas que participei ata o de agora. O post-carreira, tamén estupendo, cos premios e os sorteos (espero que os do CarSantiago non désemos demasiado o cante, pero é que somos así de entregadiños... Avergoñado )

PUXA SPORTING
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Xov, 10 Xul 2008, 16:09
Asunto: Re: II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo

Os do CarSantiago sodes xente estupenda que se apunta a un bombardeo e así dá gusto.
jabato

Maratoniano
Maratoniano
5/12/07
0 Carreiras
513 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 10 Xul 2008, 17:56
Asunto: Re: II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo

Bueno, a carreira do corgo moi boa para disfrutar do paisaje e no meu caso para correr toda carreira con torrilo de Esteiro,ibamos os dous medios tocados e en voa compania dunha tal Marina que cando se cansou de nos deixounos tirados na area.......bravo por ela.tamen quero resaltar a unha animadora que se cansou de gritar animandonos era da organizacion,despois o impresionante segundo posto deste rapaz da Ponte Nafonso que estou seguro que ainda dara mais alegrias a todos ............Excelente organizacion e para o ano a ver si podemos volver saludos para todos..as,e tamen a os companeiros do PATO BLANCO..
lentoperosejuro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/05
0 Carreiras
796 Mensaxes
Milladoiro
Respostar citando Envío Ven, 11 Xul 2008, 9:42
Asunto: Re: II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo

Quero dar a enhoraboa a toda a organización en xeral, e a Castinheiras en particular, polo esforzo que puñeron para que nós poidésemos disfrutar dunha carreira das que merece a pena. Non hai moito máis que decir polo que repito: ENHORABOA.
banderas

Maratoniano
Maratoniano
13/09/06
0 Carreiras
3318 Mensaxes
Gondomar
Respostar citando Envío Ven, 11 Xul 2008, 19:16
Asunto: Re: II Carreira campo a través do Corgo-Corrubedo

Penso que o éxito, en xeral, nas cousas da vida se pode medir de moitas maneiras. Hai quen mide o éxito en cartos a costa do que sexa, hai quen o mide en posición social sen pararse en consideracións moráis, quen prefire medilo en amigos antes que en premios, quen en satisfacción polo traballo ben feito antes que na recompensa económica.

A min particularmente gústame a xente que mide o éxito en ledicia, e dende logo penso que a Carreira de O Corgo foi un éxito rotundo e inmenso porque as caras de ledicia que tíñamos todos non se paga con cartos ningúns nen con artigos no Runners World ou no Korrikolari. Teño a inmensa satisfacción de ter participado nas dúas edicións desta carreira e penso participar (mentres o corpo o permita) en cantas edicións se celebren, porque está feita coa cabeza sempre pensando no corredor, na súa seguridade e no seu disfrute, en facer un percorrido "divertido" e equilibrado e, sobor de todo, na súa satisfacción.

Unha aperta para todos os que tiveron algo que ver coa organización e desenvolvemento desta carreira porque se ve que puxeron o mellor de cada un para que tivera éxito. Saúdos a todos e todas Guiño





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos