Foros ›
Autor
Mensaxe
Herniado

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/12/07
0 Carreiras
313 Mensaxes
coia,vicus spacorum
Respostar citando Envío Xov, 07 Ago 2008, 20:43
Asunto: Menisco tocado

Pois por desgracia parece que vou andar parado unha tempada, hoxe collín os resultados da resonancia e resulta que teño o menisco interno e o externo da rodilla dereita tocados, de distinta maneira pero tocados, e como consecuencia deso teño un edema tamén nunha das zonas da rodilla non recordo cal, debido a constante inflamación. Por sorte os tendóns e ligamentos están ben. O martes vou o trauma a ver que me conta, de momento o fisio xa me dixo que de correr nada e a ver que pasa unha vez que estudiemos o caso máis a fondo, non sei eu se non tocará operar...

Si normalmente xa me jodería isto, neste momento jódeme moito máis, xa que últimamente ía coma un foguete, e iso que no meu entrenamento aínda estou na fase de volume, nada de series nin nada diso, pero a estas alturas, se tivera que correr unha media, creo que andaría moi, moi preto da hora vintecinco, pero en fin tempo haberá cando recupere.
xa vos manterei informados de como queda a cousa.
Un saúdo e a darlle duro!!

pra pescar o rodaballo, hai que molla-lo carallo!!

celtaatletismo.es/blog/
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Ago 2008, 23:13
Asunto: Re: Menisco tocado

Herni, un tío que é tan tan bo rapaz coma ti,cas gañas e as forzas que tes, a bo fé que saes deste fixo!!!
Non te preocupes agora por ter que parar, pensa en que despois da recuperación ca tua calidade de novo andarás nos tempos que estabas a conquerir.
Unha aperta colega!!!

www.jeffxavi.blogspot.com
pataruco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/04/07
0 Carreiras
412 Mensaxes
OURENSE
Respostar citando Envío Ven, 08 Ago 2008, 8:45
Asunto: Re: Menisco tocado

Hola herniado, enviame un privado con el resultado de tu resonancia (preferiblemente escaneala, no omitas nada) y ya te podre orientar algo mas acerca de tu lesion. Saludos y animo

"CORRER ES VIVIR"
Killoke

Experto no foro
Experto no foro
16/06/06
0 Carreiras
3353 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Ago 2008, 13:24
Asunto: Re: Menisco tocado

Animo Herniado y a todos los lesionados , os deseo pronta recuperacion.
Saludos.
etuxia

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/09/06
0 Carreiras
164 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Ago 2008, 20:06
Asunto: Re: Menisco tocado

Vamos Herniado ti tranquilo que xa verás que pronto estás de volta, seguramente con descanso e fisioterapia en cuestión de nada xa volves andar como un avión.Pola media de Pontevedra non te preocupes que as ter ocasions de sobra para facer a hora vintecinco.
A verdade e que pra min tamén é un contratempo porque xa tiña gacelo pa intentar o obxetivo.
Un saudo e ánimo.
etuxia

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/09/06
0 Carreiras
164 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 16 Ago 2008, 14:13
Asunto: Re: Menisco tocado

Herniado como imos, supoño que xa tes resposta na tua lesión, xa visitaches o trauma?
Pois eu tamén ando tocado por culpa dunha merda de periostitis, supoño que nunha semana estarei correndo outra vez pero creo que o obxetivo da media de Pontevedra foi o traste, de momento esta semana conformareime con pasear na bici para non perder de todo a forma, agora que parecia que volvia a coller ritmo Muro Muro .
Pero bueno xa quedarán mais medias.
Un saudo
Herniado

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/12/07
0 Carreiras
313 Mensaxes
coia,vicus spacorum
Respostar citando Envío Sáb, 16 Ago 2008, 15:48
Asunto: Re: Menisco tocado

Pois despois de visitar o trauma, estou un pouco máis tranquilo, díxome que do menisco non me preocupara, que era un desgaste normal en principio, nin esguince nin rotura, o que si que tiña era esa inflamación na grasa de Foenn ou algo así, detrás do tendón rotuliano que xa está bastante mellor. De tódolos xeitos deicidín estar parado ata a semana (serán 2 semaniñas e pouco quieto), e pra semana empezar a trotar, e si me atopo ben, pois ala a darlle caandela de novo!!! Iso sí, no ximnasio xa me puxeron a facer isométricos de cuádriceps coma un poseso para previr máis lesións.
E a ver que tal, pra semana xa che contarei algo cando comece a rodar.
Ti descansa e a recuperar ben, que se todo vai ben aínda estamos a tempo!!
unha aperta meu!!

pra pescar o rodaballo, hai que molla-lo carallo!!

celtaatletismo.es/blog/
MaGNuM

Novo foreiro
Novo foreiro
7/09/08
0 Carreiras
3 Mensaxes
vigo
Respostar citando Envío Dom, 07 Set 2008, 3:54
Asunto: Re: Menisco tocado

Ten cuidado que el exceso a veces es peor.

Yo llego operado de menisco interno 5 meses, teoricamente al mes y medio de la operacion ya deberia estar currando, pero aun sigo de baja ya que me hicieron trabajar la rodilla con isometricos a lo bestia.
Ahora el menisco de P.M. pero tengo una tendinitis rotualiana que no aguanto en la misma posicion mucho rato, aparte de las molestias al andar.

Con tranquilidad y sin forzar, y si te duele o molesta quejate, que cayandote no arreglas nada.

Hermida Grupo Lanzadores Vigo

www.brazoarmado.com
brazoarmado.blogspot.com/

La suerte no es una opcion y el miedo no es una alternativa
manolovich

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/01/08
0 Carreiras
97 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Set 2008, 19:33
Asunto: Re: Menisco tocado

Ánimo Herniado, a ver si la cosa se queda en unos días de descanso! ·Es lo que tiene el running... las lesiones son muy frecuentes ya que es un deporte en el que las rodillas y tobillos tienen que soportar muchísimos impactos y mucha carga. Los cartílagos se van desgastando y después.... Hay que andar muy finos!! no te apresures y mira bien el tema. Saludos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos