Xov, 28 Ago 2008, 11:13
Asunto: Re: TODOS CON GOMEZ NOYA E IVAN RAÑA
Hola.
Quería tamén aportar a miña opinión a esto que está sucedendo e que, sinceramente, non sei como chamalo: non me refiro só ó de Javi e Iván, senón ó de tódolos deportes.
Desgraciadamente neste pais temos unha terrible lacra: os medios de comunicación (e creo que tamén debería de meter aquí ós políticos, e demáis mandecillos de diferentes estamentos deportivos e non deportivos), que en vez de transmitir verdadeiros valores como o do esforzo, o traballo ben feito, ó único que lle dan importancia é os resultados. Claro, queda máis bonita a foto ó lado dunha medalla de ouro (non importa quen a leve nin de que deporte sexa) que ó lado dunha persoa (que non un obxecto) que demostrou ser ó longo de varios anos o mellor no seu deporte, gañando (non medallas olímpicas, claro) e estando sempre ahí arriba. Pero claro, a foto non é tan bonita porque non hai medalla olímpica.
Se hai algo que me doeu profundamente non foi que non se gañara medalla (iso é o de menos, xa desmostrou que é o mellor) senón que ó finalizala proba, cando Javi foi entrevistado polo reporteiro de TVE, tivera que "disculparse" por non haber gañado medalla (non recordo exactamente as verbas, pero sí dixo o de disculparse).
Eso denota, en primeiro lugar, a humildade de Javi, e, en segundo, a dictadura analfabeta á que nos teñen sometidos os medios de comunicación.
Durante catro anos prácticamente non se lle presta atención a un deporte que é practicado por verdadeiros atletas (excepto cando gañan algo, que entón sae unha referencia de 20 segundos ó final dalgún teledirario) e nembargante sácase a bombo e platillo que algún futbolista pijillo e inútil do Real Madrid ou Barcelona ten un grano na punta do dedo meñique da man que lle impiden xogar a pleno rendimento un inútil partido de preparación que, por suposto, consume máis da metade do tempo de deportes do telediario.
O 4º posto de Gómez Noya representa mellor que ningunha medalla o verdadeiro espíritu do deporte e das olimpiadas. Pero claro, non tivo medalla e a foto non sae bonita.
¡¡BRAVO CAMPIÓNS!!