tirillas escribió: |
Hola soy nuevo en el foro, enhorabuena por la página. Recordaros que el domigo 14 de septiembre se celebra una de las "clásicas" del salnés; la popular de Meaño. El recorrido será el de los últimos años, es decir, 6,5 km. rompepiernas sobre todo pa los tirillas como menda Y por la tarde la espectacular y sexi carrera de camas.... Toda la información en la página web www.asociaciongam.org |
Marcos escribió: |
Hola. Onte, 27 de agosto, tivo lugar a presentación da XXIV edición da Carreira Popular de Meaño. Por segundo ano consecutivo, realizouse nas instalacións do Hotel Rural Quinta de San Amaro. Asisitiron un representante de Albariño Rosalía de Castro, de Quinta de San Amaro, do Concello de Meaño, do GAM (neste caso eu) e o gañador masculino da edición do ano pasado, José Antonio Ramallo (que, por certo, di que a costa famosa a quilómetro e medio do final, é dura só se un se pasa co ritmo ou non está forte). Coma sempre foi un acto ameno, sinxelo e breve no que se falou dende as novidades deste ano ata a opinión do circuito por parte de Ramallo. Unha vez máis desde o GAM queremos agradecer a tódolos organismos, firmas comerciais e colaboradores que nos axudan para levar a bo termo esta empresa; e especialmente ós corredores, nesta ocasión representados por José Antonio Ramallo, porque eles son os que realmente fan posible que poidan existir esta e as demais carreiras. Para os interesados, deixo un enlace coa noticia deste evento que saíu na Voz de Galicia http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/08/28/0003_7093167.htm. Tamén podedes ler algo na sección de deportes da edición dixital do Diario de Arousa. Saúdos. |