Dom, 26 Mar 2006, 18:31
Asunto: BALANCE
Carreira moi dura polo vento. As marcas, tal e como era previsible, pasaron a un segundo termo.
A partir do qm. 6 todo foron adversidades, só faltou a choiva e o frío.
Digo a partir do 6, porque xusto no 8 cando rematamos os dous quilómetros de subidas, e pensamos en recuperar e estabilizar, aparece o vento implacable.
Desde o 10 ao 18 foi implacable. (sobre todo do 13 ao 16). Cando xa estabamos co estoque, chegaron os últimos 3 quilómetros que son duros por seren precisamente os últimos.
Participación extraordinaria (moita, moita xente). Penso que xa é un referente no calendario ibérico (ibérico porque había moitos irmáns hoxe con nós). Penso que xunto a Lisboa, Granollers, Sevilla Os Palacios, Getafe, e algunhas máis, esta media está a converterse nunha das máis populosas da península.
A verdade é que unha fin de semana nestas paraxes das Rías Baixas merece a pena, e ademáis o marketing da organización funciona.
Destacar moi especialmente que dous colegas de equipo ("Celanova" e a "Gacela de Outes") remataron con éxito a sua primeira media: Parabéns aos dous. E hoxe ramatamos 10 a prova,....
Parabéns tamén a todos os que hoxe estivestes en Vigo.
Ata o enigmático MAPOMA 2006.....