Lun, 22 Set 2008, 11:49
Asunto: Re: II MEIA MARATONA SPORTZONE (O PORTO).
Xa de volta do país veciño, moi contento ca estadia en Portugal, e non tanto co resultado da carreira.
A organización moi ben, quizais deberan poñer outro punto máis de control o longo do percorrido, xa que polo trazado do mesmo podías saltalo facilmente nalgún tramo.
O día foi moi, pero que moi caluroso, e cunha humidade grandísima, sendo toda a prova pola beira do rio Douro (fermosísimo) por Porto e por V.N. de Gaia.
A saida douse as 11 hora española, saindo os primeiros Kms. a ritmo de 4', ca idea de según como me atopara cambiar a estratexia de carreira, pero xa a partir do 4 non me empecei a encontrar ben, sudaba como núnca e as sensación malas, doume a vida o avituallamento do 5, pasando en 20'28. Pero a partir de ahi cada Km. o facia mais lento polo 7 xa ia en 29', e así unha constante Km. a Km. durante 3 ou 4 puxen un ritmo de 4'22", pero do 14 o 19 marquei todos entre 4'30-4'45, un ritmo de entreno co cal non ia cómodo, dándome gañas en varias ocasións de poñerme a camiñar, xa que pasei a varios corredores que ian andando e a tentación era grande.
Os 2 últimos, debía ser pola cercanía da meta saironme a 4'15, acabando polo meu crono en 1h31'30.
Moi lonxe do que tiña pensado facer que era entre 1h26-1h27'30.
Dos outros 3 compañeiros do club, 2 tamén o pasaron mal facendo máis do esperado e o outro na sua liña de sufridor nato e cun tempazo de 1h22'.