Xov, 25 Set 2008, 21:49
Asunto: Re: XX Media Maratón Ciudad de Valladolid
bueno, bueno... despois de ler a crónica de
Piti case nin se me ocorre qué poñer aquí...
pois nada, que eu tamén disfrutei moitísimo da carreira, de principio a fin, e iso que o meu estado de forma aínda non acompaña
... pero é que o ambiente era impresionante, e a organización tampouco se quedaba atrás...
por iso pensei que o mellor era sair a disfrutar con ritmo cómodo... e se encima un vai acompañado de toda unha campeona, pois iso xa é a guinda do pastel...
para min foi un auténtico pracer acompañar a
Piti, entre outras cousas, porque un tamén se cansa de adestrar e correr so, como xa lle dixen a ela en carreira... e aínda que non son moito de falar mentras corro, toda compaña se agradece.
pero tamén porque está claro que facer unha carreira un punto por debaixo das túas posibilidades, tamén fai que a disfrutes moito máis... como así foi.
pese a que o circuito era ideal para voar e buscar marca, o meu único obxectivo era pasalo ben facendo kms.
unha mágoa que esas molestias non te respetaran ata o final, porque me encantaría haber cruzado a meta contigo... outra vez será. De tódolos xeitos, se o que queres é recompensarme, a ver se me fas de lebre nalgún
CCNós, que aos que somos "diésel" as distancias curtas atragántansenos, jaja...
foi tamén un pracer coñecer a
Jeff e saúdar de novo a
Banderas, gran tipo ao que non vía dende a Popular de Santiago do pasado ano, co que tiven o pracer de compartir mesa e mantel na comida...
un saúdo.
sexo, zume de melocoton & rock'n roll