Sáb, 27 Set 2008, 20:45
Asunto: Re: Cambio de fecha de la carrera de Lalín
Xenial a carreira. A verdade é que disfrutei moito,exceptuando o último tramo de subida dende o túnel,que o pasei mal, pero quitando iso, moi ben. O único,que no km 2 dubidei se estarían ben sinalados os km, porque pasei nun tempo de 7'45", e para min, era demasiado ritmo jeje,non creo que cheguen as miñas perniñas a tanto

. En canto á carreira, esperábame unha saída moito máis rápida, pero sorprendeume que fose tranquiliña. Saín dende bastante atrás, e pouco a pouco fun adiantando a algunha xente, o que me animaba moitisimo. En canto ó lugar por onde trascurría a carreira, precioso. Quizáis as pequenas pontes que había que atravesar me custaran un pouco na volta, non pola subida, senón pola baixada, que as pernas sufrían o rematar a ponte. E xa no final, disfrutei co pique improvisado con outro corredor na chegada, que a verdade, se me fixo longa a costiña, pero había alí un rapaz vendo a carreira e berrando: PIQUE!PIQUE!PIQUE!,

, e animado ata a meta, onde nos demos a man os dous corredores.De tempo...normaliño. Creo que fron 35:40, pero non me lembro ben,que borrei o crono e despois olvideime

. Logo, de avituallamento, xenial, non faltou de nada. Quero destacar o interese da organización na opinión dos corredores,vindo cara nós un membro a facernos unha enquisa de que cambiariamos, se nos gustou, etc.
En definitiva, unha gran carreira, e como digo cada vez que falo dalgunha...outra que ten un sitio no meu calendario para o ano que ven!
Un saúdo!!