Mar, 30 Set 2008, 7:41
Asunto: Re: Carreira Popular Festa do Marisco O Grove
A carreira do outro dia no Grove estivo bastante ben organizada (como se leva repetido moito estes dias nestes foros facer unha carreira é algo moi complicado e por suposto de grande mérito) e por poñerlle algún pero, que non houbese algo "sólido" ó final da proba (xa sei que as veces non é facil de conseguir) e o que apuntou Sergio da auga a metade de carreira, ainda que non é o mais habitual en probas desta distancia (en Meaño por exemplo non habia). Pero houbo moitas mais cousas positivas, bo ambiente, circuito moi bonito (xa o coñecia da S.Silvestre solidaria pero non me esperaba o pequeno repeito), kilometros sinalizados, creo que distancia ben medida (isto pode confirmalo algun foreiro dos que usan trebellos deses modernos que miden percorridos mentras corren), boa participacion, tráfico bastante controlado (ainda que non ó cento por cento). En definitiva un notable para a organizacion, seguide asi para vindeiras edicions.
A nivel persoal contento, segunda carreira consecutiva que baixo de 6'/km, que de momento non podo aspirar a moito mais con este "corpo ladrón" ,pero teño que aprender a non sair tan acelerado que despois o pago (para min pasar o segundo kilometro a menos de 11' é unha barbaridade). Tamén contento polo ambiente e por ter coñecido a
JESUSB e o seu pai, xa quedamos para sacarnos unha foto na proxima carreira e gracias tamén ós que me animaron o rematar a carreira para que siga loitando contra min mesmo.
Por último,
Wasker, cando colgues as fotos avisa......teño a sensación de que cando cheguei á meta me sacaron unha. Graciñas (por certo na paxina web
www.todogrove.com/gale...?album=761
hai algunhas fotos da edición deste ano). Saúdos
Se eu puiden, ti tamén...