Dom, 28 Set 2008, 21:02
Asunto: Re: Cambio de fecha de la carrera de Lalín
Ola a tod@s, como humilde espectador - chofer - seudo entrenador - fisio, psicologo deportivo infantil, pai de atletas pequerrechos, etc, etc, teño que felicitar os organizadores destas probas, sobor de todo para as categorías menores, que tanto necesitan para a promoción do atletismo. :=D> :=D> :=D>
Ben sabedes, que hoxe en día non se estila o esforzo, a suar moito, o ter que desplazarse unha chea de km para correr, adicar tempo e demáis, podendo estar na casa ca consola tirado no sofá, e comendo unha bolsa de "chetos".
Este fin de semán, un tempo espléndido tanto na capital do Deza o sábado, como no Grove na mañán do Domingo.
Unha gran concurrencia de atletas en ámba-las dúas probas, e un bo ambiente deportivo nas dúas.
Unicamente salientar que tal como aconteceu na carreira de Lalín, a organización, non poden facer subir ao podium a recoller un trofeo a unha nena de categoría benxamín, e repito, falamos dunha rapaciña de 8 anos, e despois de entregarlle-lo trofeo, pedir que volten ao podiun para retirarlle-lo, e sin disculpa algunha nin explicación, lle-lo quiten e santas pascuas.
.
Ainda que sexan categorías menores, coido que merecen tanto respeto como as maiores.
Teño visto resolver estes asuntos con máis delicadeza e en organizacións sin tanta sona, somentes fai falla aplica-lo sentido común.
Supoño que os organizadores, xa que traballan dende a base destas categorias menores na súa escola de atletismo, estarán de acordo que este feito non foi tratado da maneira màis axeitada. Sin quitarlle-lo mérito a subir a un podium a quen deportivamente o gañou- :=D> :=D> :=D> .
Pero tamén sabendo, que estes rapac@s teñen uns sentimentos, que ainda que non o pareza, poden ser feridos.
Grazas, a tod@s os que adicades o voso tempo a realizar estas probas tamén para os nen@s, que serán os atletas do pais no futuro máis próximo.
Unha crítica constructiva á organización e un saúdo.