Foros ›
Autor
Mensaxe
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 04 Out 2008, 12:36
Asunto: Re: nogueira de ramuín?????

Imos aló:

Percorrido: "Pestoso".As baixadas eran moi perigosas polos buracos (dobrei 2 veces o tobillo) e non se podía "dar cera" e as subidas eran curtas pero explosivas , auténticos muros, con coios polo chan.Sen terreo para coller ritmo constante.

Ambiente: unhos 100 "tolos" pra correr polo monte cun frío de caraio.Bo nivel de participantes con Prieto,Ferro,Nogueira,JJ Iglesias,Natán,Jesús Glez.,Reboredo,Cerdeira,Iglesias,Alfredo Deaño,etc....

Desenrolo da proba:
Saín no grupo de cabeza ata o km2 (pobo de Nogueira).Nese punto decidín baixar o ritmo pra facer a miña carreira.Quedei en terra de ninguén, como me acontece a cotío.

Paso por Liñares,km4: A 300m da cola do grupo de cabeza e por detrás co grupo dos Taboadela, Pabellón,etc....a 100m

Pobo de Eiradela,km8: Xa non veía ó grupo de cabeza pero tiña a tiro de pedra a 5 corredores.

Antes de Covelo, pasoume Natán, e invitoume a seguilo pero o seu ritmo era demasiado forte nas subidas.

Antes do km11 en Armaríz, adiantei a un "patoblanco", ó triatleta Jacobo, a Fernando Reboredo do Kórpore, e a 2 "runners" que debían ser de fora de Ourense.

Dende o paso de mitad de carreira escomenzou o pior, cunhas súbidas nas que non paraba de pasar a "bikers".Non o creía!!! ia ben de forzas a pesar da dor provocada por unha vinchoca na planta do pé dereito e a dor no aquiles da outra perna.

Camiño de Valdoasno, pasoume un "correlega" que me saudou e me dixo: "ti eres o famoso jeffxavi", jeje, sentinme importante!!!Non puido presentarme coma mandan os cánones, jeje,pero se me lee espero acepte os meus saúdos.

Chegando a Mundín votei unha mirada atrás, a primeira en toda a proba, e vin que xa tiña a Jesús do Pabillón (un especialista en carreiras de montaña) a 10m de mín.O tío pasoume coma un rallo!!!A dor de aquiles xa non me permitiu engancharme.De ahí ó remate un querer e non poder.

Ramatei enteiro de pernas , logrando o meu obxetivo de baixar de 1h45m na miña estrea nunha media de monte.Ó final 1h46m51s,arredemo!!!

Un pracer compartir unhos minutiños de "parola" con afiador e bubela entre outros.

Nada mais meus, a descansar e rezar pra que a lesión do aquiles sexa soio unha sobrecarga.

www.jeffxavi.blogspot.com
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Sáb, 04 Out 2008, 14:16
Asunto: PROVA

Para mín foi unha carreira fermosa e moi ben organizada, tendo en conta que foi a 1ª edición:

- Como dí Jeffxavi, había costas, non moi longas, pero ben pronunciadas (sobre todo para os que como mín andamos nos 80 quilos).

- Moi boa sinalización, sen lugar a erro nin confusión no percurso.

- Moi boa distribución dos avituallamentos (creo que no peor dos casos, cada 6 quilómetros)

- Recorrido variado, heteroxeneo e con paraxes moi moi fermosos (lembro unhas pistas entre carballeiras arredor do quilómetro 15). Había aproximadamente 1,5 ou 2 quilómetros por estrada, pero era inevitable.

- Participación xeitosa. Lembremos que se trataba de un medio maratón, e ademáis por monte. Lonxe de ser monótono, e un pracer chegar e atopar aos que coma tí, se erguen un sábado ás 6:45 h., para choutar entre as pedras: Jeffxavi, Faraón, Afiador, colegas do Pato Blanco, de Carballiño, de Taboadela, ...

En fin, foi ben máis placenteiro ca quedar nunha cafetería ou deitado coma unha foca.

En canto á miña participación, quedei no 10º posto (con 1:40:20). A miña valoración é positiva. Agardo que cheguemos a Parada do Sil en boas condicións.

Xa lle pedín á organización que o máis importante agora é perseverar e que a carreira non sexa flor dun día.

Bubela
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 04 Out 2008, 21:23
Asunto: Re: nogueira de ramuín?????

sorry: 1h41m56s

www.jeffxavi.blogspot.com
Obelix

Montañés
Montañés
31/07/07
9999 Carreiras
391 Mensaxes
a o fondo a dereita
Respostar citando Envío Dom, 05 Out 2008, 9:15
Asunto: Re: nogueira de ramuín?????

Pues como tiene que haber de todo, yo tambien estuve allí con un par de compañeros, uno de los cuales hizo la andaina. La salida fue rápida, al igual que toda la carrera, un auténtico rompepiernas con continuas subidas y bajadas que no te permitían llevar un ritmo constante, las vistas de Ourense preciosas y poco más. Yo llevé mis Salomon y fuí mal toda la carrera, para mí mucho asfalto que te machacaba las piernas sobre todo en una bajada larga cerca del km 10, faltó señalizar los kilómetros y algo como es el control de firmas a la salida, simplemente para saber que todos los que salieron han llegado sin problemas. Ya digo a mi no me gustó el recorrido(para gustos colores) y la crítica que hago es crítica constructiva, cosas que se pueden mejorar para próximas ediciones. Por cierto las duchas calentitas calentitas, mira que normalmente en estas pruebas cuando te duchas sale el agua helada(sobre todo cuando llegamos los del final, je,je,je), en este caso una maravilla. Ahora a descansar un poquito
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Out 2008, 11:39
Asunto: Re: nogueira de ramuín?????

Teño os resultados en PDF.Xa sabedes: rodicio @ gmail.com ou jeffxavi @ hotmail.com

www.jeffxavi.blogspot.com
NOGUEIRADERAMUIN

Novo foreiro
Novo foreiro
5/10/08
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Out 2008, 18:16
Asunto: Re: nogueira de ramuín?????

BOAS TARDES, CHAMOME ROSA Mª ALVAREZ E EN REPRESENTACION DO CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUIN, GUSTARIAME DAR AS GRACIAS A TODAS AS PERSOAS QUE ASISTIRON OU PARTICIPARON NA I RUTA DO BARALLETE.
COMENTARVOS QUE FOI MOI GRATO ORGANIZAR ESTA RUTA, QUE LLE GUSTOU A MOITOS, A OUTROS NON OU NON DEMASIADO, FOI MOI ENRIQUECEDOR TANTO A NIVEL MUNICIPAL COMO PERSOAL, O ORGANIZAR O I MEDIO MARATON DE MONTAÑA DE NOGUEIRA DE RAMUIN, A RUTA DO BARALLETE PARA CICLISTAS, ANDARINS E PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA.
DISCULPADE OS FALLOS QUE INTENTAMOS RESOLVER DE INMEDIATO NA MEDIDA DO POSIBLE E QUE TOMAMOS NOTA PARA A PROXIMA.
ESPERO QUE FAGADES UN SITIÑO O PROXIMO ANO PARA PARTICIPAR NA II EDICION DA RUTA DO BARALLETE.
NA WEB DO CONCELLO PUBLICARANSE OS RESULTADOS DA MEDIA MARATON DE MONTAÑA E OS TEMPOS QUE FIXERON OS CICLISTAS, A PARTIR DO LUNS.
AGRADEZCO TODAS AS CRITICAS CONSTRUCTIVAS QUE XA RECOLLIMOS ONTE E AS QUE RECOLLEREMOS NESTE FORO OU BEN SI AS QUEREDES MANDAR Ó CORREO ELECTRONICO cultura_nogueiraderamuin @ hotmail.com POIS QUEREMOS MELLORAR PARA O PROXIMO ANO.
MOITISIMAS GRACIAS
[align=center]ROSA Mª ALVAREZ
[align=left]CONCELLEIRA DE CULTURA DE NOGUEIRA DE RAMUIN





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos