Foros ›
Autor
Mensaxe
cubeliños

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
29/08/08
0 Carreiras
348 Mensaxes
CAPITAL DO BARBANZA- RIVEIRA CIDADE DENDE 1906
Respostar citando Envío Lun, 29 Set 2008, 18:09
Asunto: I Carreira Pedestre de Outes

Ola a tod@s.

Alguén coñece percorrido desta carreira e características.

Para as categorías menores Chupete cal será mellor, esta ou a de Brión, que tamén é o Domingo.

Un saúdo.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3770 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Set 2008, 18:22
Asunto: Re: I Carreira Pedestre de Outes

Respecto a carreira dos pequenos, non podo informarche, eu levarei a maior.

En canto a carreira de adultos, se é como me indicaron trátase dun percorrido moi fermoso e con duas subidas exisentes.
Saese do lado do centro médico, dándose unha volta polo rededor, encarando cara a piscina municipal, e a uns 200 mts. a 1ª subida, para meterse cara o monte por unha pista de terra, gran baixada cara a ponte do Ruso (ponte románica moi fermosa), facendo caseque 2 Kms por terra e unha boa parte deste tramo cuberto polas ramas das árbores, vaise por un lado do río e vense polo outro (non é o paseo fluvial), chegando outra vez preto da ponte, o que antes se baixou se sube; baixada cara a piscina, centro médico outra volta pola zona e remate. Sobre 8 Kms.
Este tramo de terra a min encántame, eu adoito facer os entrenos nel, dando 2/3 voltas o mesmo, ainda que eu sempre o fago no outro sentido.
Asi que xa sabedes animádevos e vinde este domingo a correr a Serra de Outes.
cubeliños

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
29/08/08
0 Carreiras
348 Mensaxes
CAPITAL DO BARBANZA- RIVEIRA CIDADE DENDE 1906
Respostar citando Envío Lun, 29 Set 2008, 20:50
Asunto: Re: I Carreira Pedestre de Outes

Grazas Kurty pola información.

Un saúdo.
sherif

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
26/05/06
0 Carreiras
277 Mensaxes
Outes
Respostar citando Envío Mar, 30 Set 2008, 13:48
Asunto: Re: I Carreira Pedestre de Outes

Totalmente acertado kurty , espero que todo realmente saia ben porque e a primeira vez que se fai ese circuito, o cal tiben parte de culpa, o ser un dos que, o fixerón, asi que espero que haxa un gran ambiente, o que se achegue a outes de seguro que quedara contento, tanto co recorrido coma cotrato dos organizadores, xa que xon xente de dentro do mundo do deporte, un saludo e animo a todos os que queiran descubrir novas carreiras e novos retos, un saludo de sherif Bailar Bailar
ezaqui

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
5/02/06
0 Carreiras
1032 Mensaxes
santiago
Respostar citando Envío Mér, 01 Out 2008, 10:29
Asunto: Re: I Carreira Pedestre de Outes

abro lista
keniatablanco
KMPLO

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
27/08/07
0 Carreiras
198 Mensaxes
O Freixo
Respostar citando Envío Mér, 01 Out 2008, 17:41
Asunto: Re: I Carreira Pedestre de Outes

Hola,eu non poido correr por un esguince de tobillo o dia 20,pero ahi estarei para animar,para unha proba que se fai na na miña terra,sempre respetando o cross de Broña,claro esta,pero vendo que anda po lo medio o SHERIF, esto ten que sair ben sen dubida.¿Xa podes correr?,espero que si.SAU2
fojeteiro

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
27/03/06
0 Carreiras
276 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Out 2008, 15:43
Asunto: Re: I Carreira Pedestre de Outes

bonita carreira, a min fixoseme dura Muerto ou mais ben fixena eu ca miña estrategia equivocada como sempre de arrancar a un ritmo que non podo nin manter 1 km...e non aprendo Avergonzado ), kurty si que foi polo aire, boa organización e numerosa participación en categorias de nenos ,esperemos que teña continuidad no calendario esta proba

saludos

FORTITUDINE VINCIMUS

ALL THOSE MOMENTS WILL BE LOST IN TIME,LIKE TEARS IN RAIN
lorena

Novo foreiro
Novo foreiro
27/09/08
0 Carreiras
14 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Out 2008, 20:07
Asunto: Re: I Carreira Pedestre de Outes

dende a organización desta carreira queremos disculparnos polos erros cometidos nesta 1ª carreira pedestre de Outes, esperamos que a proxima carreira saia todo mellor.
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Out 2008, 21:04
Asunto: Re: I Carreira Pedestre de Outes

A carreira estivo moi ben organizada, sobre todo polo percorrido, que é unha chulada. Tan só engadiría dous detalles que creo que serían bastante fáciles de arranxar:
1) marcar os km (no tramo que discurre paralelo o rio, polo monte, parece complicado, pero creo que se pode solventar).
2) indicar a distancia da carreira cun pouco máis de precisión, pois así a ollo (polo tempo que fixen, quero dicir) serían pouco máis de 6 km (6 e medio como moito) en lugar dos 8 que se indicaban.

Pero insisto: A ORGANIZACIÓN MAGNÍFICA E OXALÁ HAXA, POLO MENOS, UNHA SEGUNDA EDICIÓN DESTA PROBA.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3770 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Out 2008, 21:05
Asunto: Re: I Carreira Pedestre de Outes

lorena escribió:
dende a organización desta carreira queremos disculparnos polos erros cometidos nesta 1ª carreira pedestre de Outes, esperamos que a proxima carreira saia todo mellor.

Non te preocupes Lorena, as primeiras edicións saen como saen. Eu creo que erades pouco personal da organización, os que acostumamos a ir as carreiras, xa sabemos o que hai.

Un saudo e que haxa II edición.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3770 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Out 2008, 21:13
Asunto: Re: I Carreira Pedestre de Outes

Moi contento da carreira, como xa dixen o circuito de terra a min encántame, xa que fago alí algúns entrenos. Como di Fojeteiro, encontreime moi ben, tamén pode ser que o coñecer o percorrido souben regular en todo momento.
E rematei ca impresión de que podía ter dado un pouco máis de min, máis que nada por que contaba que ian ser algo máis de 7 Kms. e quedouse en 6+ ou -. E fíxoseme algo máis corta do que esperaba.
supermorais

Montañés
Montañés
5/06/04
187 Carreiras
2952 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Lun, 06 Out 2008, 8:57
Asunto: Re: I Carreira Pedestre de Outes

A mín particularmente gustóume bastante. O único que a kilometraxe non era a correcta, polo demáis moi ben.
cubeliños

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
29/08/08
0 Carreiras
348 Mensaxes
CAPITAL DO BARBANZA- RIVEIRA CIDADE DENDE 1906
Respostar citando Envío Mar, 07 Out 2008, 21:29
Asunto: Re: I Carreira Pedestre de Outes

En nome da miña filla, grazas pola carreira deste domingo. :=D>

Para o ano dí que quer volver.

Onde podemos ver a clasificación das categorías menores??

Un saudo.
sherif

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
26/05/06
0 Carreiras
277 Mensaxes
Outes
Respostar citando Envío Mér, 08 Out 2008, 13:13
Asunto: Re: I Carreira Pedestre de Outes

Graciñas a todos, a verdade e que nos vimos un pouco desbordados, pola cantidade de xente, pero bueno, o fin e o cabo penso que non tuvo mal ningún, eso si, como ven di a compañeira lorena , pedimos disculpas por algún que outro erro, pero tamén como di o noso amigo kurty, e a primeira e as primeiras veces sempre queda algo no tinteiro, pero xa veredes como na segunda vai sair todo mellor.

*Tamen digo, que se non e polo empuxe que nos deu a nosa foreira lorena, esto non seria posible, asi que de parte miña, e de moitos foreiros que aqui estamos GRACIAS GRACIAS E.........MIL GRACIAS, POR FACER DESTA CARREIRA UNHA REALIDADE, esperando tamen que non sea a derradeira, asi que para o ano que ven contamos ca II carreira pedestre. (a algún poño en apuros pero a verdade sinto moito, nestre intre e o que sinto). un saudo de sherif Bailar Bailar Rezar



Tan pronto como se poida colgaremos as clasificacións.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos