Mar, 07 Out 2008, 9:32
Asunto: Re: Presentación Chimpin
Teño 32 anos. E ata os 18 pois atletismo, fútbol e natación. Pero ós 18 quedei tocado por unha
hernia discal e operáronme. Coxeaba moito e mellorei pero a perna dereita quedou tocada. Os 22 diagnosticáronme outra pero esta non a operei. Por iso o de botado a perder.
A vida sedentaria fíxome chegar a 109 kilos (1,91) e en Xuño do 2007 Cheetos convenceume para ir a correr un pouco e aquí seguimos.
Teño o xemelgo da perna dereita con moita menos masa muscular que o da esquerda. Pero non me doe e non coxeo e os zapatillas gástanse por igual. Os meus problemas de fondo veñen de pulmón
¿A que dou
moita pena e teño que mercar un Tristón?
Moi bo o vídeo de Don Diablo. Pode entrar no CD de automotivación coa canción de A por ellos e campeones de oliver e benji.
Motivación? Fai pouco fun a unha voda e levei confundido o traxe "vello" e servíame coma un guante. Ademais dixéronme que estaba igual ca antes :=D> o que non saben e que estaba de volta
. Iso sí que é motivación aplicada a vida real.