Lun, 29 Set 2008, 18:22
Asunto: Re: I Carreira Pedestre de Outes
Respecto a carreira dos pequenos, non podo informarche, eu levarei a maior.
En canto a carreira de adultos, se é como me indicaron trátase dun percorrido moi fermoso e con duas subidas exisentes.
Saese do lado do centro médico, dándose unha volta polo rededor, encarando cara a piscina municipal, e a uns 200 mts. a 1ª subida, para meterse cara o monte por unha pista de terra, gran baixada cara a ponte do Ruso (ponte románica moi fermosa), facendo caseque 2 Kms por terra e unha boa parte deste tramo cuberto polas ramas das árbores, vaise por un lado do río e vense polo outro (non é o paseo fluvial), chegando outra vez preto da ponte, o que antes se baixou se sube; baixada cara a piscina, centro médico outra volta pola zona e remate. Sobre 8 Kms.
Este tramo de terra a min encántame, eu adoito facer os entrenos nel, dando 2/3 voltas o mesmo, ainda que eu sempre o fago no outro sentido.
Asi que xa sabedes animádevos e vinde este domingo a correr a Serra de Outes.