Mar, 28 Mar 2006, 23:43
Asunto: Carreiras
Amigo Paquete:
Sen pretender enrollarme, pido disculpas por si algún dos meus comentarios poden resultar inoportunos o extravagantes no foro.
Se os fago é porque a nosa afición non consiste en planificar a preparación para unha prova, correla, e ir para casa. Esta é a andamiaxe.
O verdadeiramante fermoso é tirar conclusións, ver a nosa evolución, comprobar cando nos sentimos mellor e por qué, estar cos amigos e valorar a carreira con eles, ver á tua muller e amigos a chegada a meta (cos inesquecibeis bicos con sabor a sal), voltar ao entreno o día despóis, imaxinar a carreira soñada, lembrar a todos os que vas paseniñamente coñecendo grazas a este deporte tan extraño (nós non xogamos a nada, simplemente nos pomos a prova), influir no noso entorno para que a xente se anime a practicar a carreira a pé, pensar na próxima carreira, organizar unha viaxe a un maratón no extranxeiro, imaxinar a fermosísima carreira noctura do meu povo, .... e centos de sensacións, lembranzas, ilusións, que me/nos proporciona este deporte.
Quero aproveitar esta mensaxe para vos pedir tamén disculpas a todos os foreiros que estivestes en Baiona por non ter compartido con vós a previa da carreira. Acontece que eu teño casa alí, eramos 10 corredores do meu equipo, e desde o 2002 participamos nesta carreira que me roubou bastante tempo desde o sábado pola tarde ata o domingo ás 15:00 h. Ainda así, lembrei a toda a xente do foro, en especial a Kandepalleiro, cando, durante o minuto de silenzo por Alejando antes da saida, apenas se escoitaba o vento morno do sul en Samil, e sentinme orgulloso de correr, orgulloso de tervos coñecido a algúns en Padrón, e de compartir este espazo virtual con vós.