Xov, 09 Out 2008, 8:28
Asunto: Re: vigo +11
Para os que vos interese aqui vai un enlace a un PDF que publica a federación galega de atletismo sobre a Vigo+11......
www.atletismogalego.com/correr.pdf
Eu non penso acudir polo trato dispensado pola policia local os que iamos arredor dos 6' km o ano pasado abrindo ó circuito o tráfico cando estabamos ainda en plena carreira (menudo medo que pasei atravesando a Praza de América) así que os que andedes por ese ritmo xa sabedes...a policia local de Vigo ten moito apuro para certas cousas......
E por outra parte.....non hai outro método máis arcaico para inscribirse??? Polo visto non teñen interés en que a carreira creza ou non lles interesa que veña xente doutro lugares, para a carreira da Coruña(que patrocina o mesmo centro comercial, por certo) as facilidades para inscribirse son moitisimo maiores, a anos luz, vamos, sobre todo se non eres da propia cidade..... Así é como as carreiras noutras cidades de Galicia (a propia Coruña, Lugo, Ourense, Santiago) se consolidan ou crecen. A ver se tomamos nota por aqui polo sur de como hai que facer as cousas, que o da inscripcion on-line esta a orde do dia en calquera proba de calquera vila de Galicia e na maioria delas (incluídas as outras cidades) non hai problemas por ter o trafico cortado durante o tempo que dura a carreira.
Tomen nota en Vigo, por favor....
Se eu puiden, ti tamén...