Lun, 13 Out 2008, 7:05
Asunto: Re: XXIV Carreira Popular da Amizade, Bembrive
Eu estiven tamén onte en Bembrive. Como
JEFFXAVI tamén cheguei tarde, no meu caso porque pensei que a carreira era as 11:30 e cheguei ás 10:40. Total, que vivindo a 5 minutos en coche cheguei cando se daba a saída aos rapaces. Menos mal que tiven sorte co aparcadoiro!
A carreira bastante bonita, cun perfil moi duro, pero é o que hai nesa parroquia. A organización moi boa, agás o excesivo retraso na entrega de premios. Marchei pasada as 13:00 cando xa habían pasado máis de 30' dende a chegada do derradeiro corredor.
Non puiden saudar aos foreiros presentes. Soamente a
supermorais, ao resto non vos coñecía. Para o ano que ven, kedada.
O meu tempo, 38'36". Creo que mellorable, pero bueno, é o que hai.