Lun, 13 Out 2008, 6:54
Asunto: Re: vigo +11
safardatxo escribió: |
..,dende logo algunhas veces da gusto ser de Coruña,con detalles coma este e a Vig-viver da gusto |
Eu estiven na Vig-Viver, pero non na da Coruña, pero veño de ler todas as crónicas. Pasaron cousas como:
1. A carreira, pese a estar homologada, non medía 10000 mts.
2. Houbo confusións e ata colapso na entrega das camisetas conmemorativas e refrescos tras a carreira.
3. Houbo problemas coas inscricións. De feito, se apuntaba que sairían 2000 atletas, pero só chegaron 1317. (o que supón unha grande participación).
4. A organización incluso chegou a poñer en perigo a integridade física dunha atleta, ao abrir o circuito ao tráfico.
¿Que quero dicir con esto? Que as críticas aos organizadores das carreiras, non ás cidades e aos cidadáns.
Eu sintome moi orgulloso de ser vigués, pese a organización da San Xoán, da Vig-Viver e do Vigo+11. ¿Ou é que da gusto ser de Vigo pola Vig-Bay?
O último que queiro facer, por certo, é crear mal ambente e rifas entre cidades e cidadáns.
Un saúdo.