Ven, 24 Out 2008, 10:27
Asunto: Re: 26 Octubre XXXI Carreira Pedestre Santiago de Compostela
oliveira escribió: |
¿ Si vas para bajar de 57, por dónde debes colocarte en la salida?. |
O tema das saídas, xa foi neste foro obxecto de polémicas máis dunha vez. Eu penso que se cada un se colocara segundo as súas posibilidades reais, ninguén tería problema para conseguir os seus obxectivos: o que vai correr a 3:30, precisa saír ben adiante, xa que facer un primeiro kilómetro por riba de 4:00 condénao. Non así para os que van correr a tempos máis lentos. No teu caso, non importa moito que fagas o primeiro kilómetro en 5:00 ou máis, porque tes marxe para facer logo kilómetros por debaixo de 4:30.
O problema ven cando xente que vai a ir a 5:00 (é só un exemplo), se pon por diante do que vai a ir a 4:00. O ano pasado cheguei tarde, e tocoume saír na cola. Resultado: tardei case 30'' en pasar baixo o arco de saída, en completei o primeiro kilómetro por riba de 6:30.
Total, e xa remato, ponte onde queiras, ou onde podas. Pero se te pos moi adiante, ten coidado non te emociones. Todos algunha vez nos deixamos levar pola ola, e facemos uns primeiros kilómetros por riba das nosas posibilidades, e logo págase.