Mér, 29 Out 2008, 17:46
Asunto: Re: Carreira Popular San Martiño 2008
tara escribió: |
hola tartarugo ,como repites este año cuentame que tal es la carrera para nuestro ritmo , un poco durilla ? saluditos |
Tara......primeiro de todo espero repetir pero vai depender dun tema familiar......ainda que me da que ó final si que vou poder ser da partida
En canto a miña experiencia do ano pasado......cando cheguei a Ourense, un par de horas antes da carreira os termómetros de rúa marcaban -5º e despois durante a carreira pouco andabamos por enriba dos 0º. Ese é o primeiro factor que é probable que teñamos que ter en conta
En canto a carreira polo que eu me lembro engana bastante........non ten ningunha subida que por si soa te mate.......pero ten uns cantos tramos (incluida a saida) que van picando para riba e ó longo de tantos km vante minando pouco a pouco e ademais non é como a primeira parte de Stgo onde tes bastantes km picando para abaixo..........
En resumen, que a podemos facer ben, o noso ritmo, claro, pero que é mais dura por acumulación que por unha costa en concreto (non hai un Vite, como en Stgo). Se che sirve de referencia o ano pasado fixen 1h e 1 minuto mais ou menos
Iso si, se o ambiente é como o ano pasado encantarache.......e se a organización na chegada é igual tamén alucinaras coa bolsa do corredor e o ben organizado que teñen o tema da entrega da camisetas (por tallas)
Un saudo
Se eu puiden, ti tamén...