Lun, 10 Nov 2008, 7:34
Asunto: Re: Milla Urbana de Ordes
Para min tamén foi a primeira milla, e sorprendeume o tempo que fixen (non sabía que podía ir así de rápido
).
Sobre a organización, hai que agradecerlles o esforzo e as cousas ben feitas: ese powerade reparador, esas camisetas conmemorativas (en tallas razonables), as duchas ao lado mesmo da meta.
Só lle poría un pequeno pero: tantos xiros fan moi difícil coller ritmo, e sobre todo, co chan esvaradío pola chuvia facíase un pouquiño perigoso.
Aínda así, contade comigo para o vindeiro ano.