Ven, 21 Nov 2008, 17:37
Asunto: Re: Firmas para que non cerren a Alameda polas noites
Cantos miles de voltas dei arredor da Ferradura!!
Lembro algunha mañanciña, ben cedo, antes de sair o sol, nunha desas moitas voltas, atoparme cunha xoven parella facendo o que lle facía falta no medio do meu rutinario percurso.
Eu, resignado nos últimos tempos ía correr á parte da Ponte Pedriña, ou a Galeras, .. pero non é o mesmo.
Hai xente que prefire lugares lineais para entrenar. Eu estaba tan afeito á miña Alameda, coas suas lixeiras costas, coas suas fortes costsa subindo á capela, .. que me permitia controlar os ritmos, e respirar profundo..
Eu xa chamei varias veces ao Concello e puxéronme toliño: Que si Parques e Xardíns, que si depede do Consorcio, que si en 3 meses, ...
Xa vexo que desde AGOSTO 2006 (cando pechou por obras máis da metade deo percorrido) temos avanzado ben pouco.
Apertas,