Dom, 16 Nov 2008, 14:40
Asunto: Re: Carreira Popular San Martiño 2008
imos aló co ladrillo:
Sabedes que son dos que ensalzan a organización da SanMartiño, pero iste ano houbo varios erros.Seguramente todos eles derivan de que o principal responsable da organización pasou a ser o Concellal e non a ex-atleta Marta Míguez.En fín, non vou a repetir o que dixo Northern (desta estou dacordo con el).
Inconvintes:
* Soio 2 persoas no mostrador de gardarroupa e cola casi interminable pa deixar os efectos personais (outros anos había 4 atendendo e outros tanto metendo en bolsas de plástico as mochilas).
* Iste ano non houbo avituallamiento sólido en meta
* O "pitostio" da cola pras camisetas
Alegrías:
Coñecer persoalmente a diversos membros do foro.Y en especial intercambiar unhas verbas con
pedronimo.Menuda calidade humana que ten este rapaz!!!
Crónica:
Estou dun mal humor de caraio, posto que hoxe tirei a posibilidade de facer unha boa carreira por un erro de xuvenil: Beber auga no km5.
Pensaredes que se trata dunha parvada, pero non é así.Ata o km5 fun bastante ben de pernas (pasei en
19´16").Nese intre tomei un grolo de auga no avituallamiento e "zás", flato ó cambiar o ritmo de respiración, con 2km de pena a 4´10" e 4´12".Perdín todalas opciós de baixar de 39min con ises dous parciais.A verdade é que ata o km9 xa fun cruzado de "coco" e non me exprimín ata os 300m finais pra rematar en
39´19", que me deixan un sabor agridoce.
Por certo, carrerón en particular dos meus amigos
etuxia (36´40") y
herniado (37´15").
E pouco mais, que grazas a todos por vir a Ourense e vémonos na seguinte por ises lares de Galicia.Unha aperta!!!
Postdata:
tara, falláchesme
www.jeffxavi.blogspot.com