Mér, 05 Abr 2006, 14:03
Asunto: SOLUCIONAR DUBIDAS
Saúdos a tódol@s atletas que participan e visitan esta páxina, e FELICITACIÃ?NS o meu amigo RUNNER, pola sua paternidade.
Como membro da organización da Media Marathon do concello de Vilagarcía enviovos un resumo da mormativa, intentando clarexar as dúbidas que poidan ter os participantes. Así mesmo dicir, que estamos abertos a calquera idea ou proposta que poidan xurdir dos participantes, esperando que esta primeira edición sexa un exito e poida seguir crecendo en futuras edicións.
DATA:
A Fundación de Deportes organizan o domingo 23 de abril de 2006 a I Media Marathon Concello de Vilagarcía, carreira pola igualdade.
Nesta primeira edición é o Campionato Galega de Media Marathon
IDADES:
Poderán participar todolos atletas que o desexen, federados ou non, nados no ano 1988 e anteriores, sempre que teñan cumpridos os 18 anos o día da proba, sin distinción de sexo.
PERCORRIDO:
O percorrido contemplase sobre unha distancia de 21 kilómetros e 97,5 metros, medido e homologado polo Comité Nacional de Xuíces da Real Federación Española de Atletismo. A proba desenvolverase o día 23 de abril de 2006, con saída ás 10:30 horas dende a Avenida da Mariña e chegada na mesmo sitio, con un perfil no circuito en su maioría llano, e por asfalto na súa totalidade.
Hai que dar tres voltas a un circuito de 7 km, que percorre as rúas Avenida da Mariña, Rivero de Aguilar, Valle Inclán, Victor Pita, Preguntoiro e volta polo mesmo camiño. Por cuestións organizativas fíxase un tempo máximo para percorrer a distancia de 2 horas e 15 minutos, polo que o control de chegada pecharase ás 12:45 horas.
INSCRICIÃ?NS:
A inscrición é gratuíta.
As inscricións para os participantes populares poderán realizarse dende o 1 de abril, nas oficinas da Fundación de Deportes, rematando o prazo o MERCORES 19 de abril. A inscrición podese facer por teléfono no número 986 099 200 extensión 220 por Fax 986 50 11 09 o no e-mail fdeportes @ vilagarcia.es
Os atletas federados que compitan polo campionato galego faran a inscrición na Federación Galega de Atletismo como así o indican as normas da mesma.
Todolos atletas deberán retirar o dorsal e o chip electrónico que todolos corredores deberán portar na súa zapatilla no momento da carreira. A organización da proba cobrará unha fianza de 10 euros no momento da entrega do chip que seralle reintegrada ó corredor na líña de meta cando devolva o mesmo.
CATEGORÃAS:
Para a Media Maratón Concello de Vilagarcía de Arousa establecense as siguientes categorías, de acordo coa data de nacemento de cada participante:
Categorías Masculina Feminina
Junior* Nados en 1987 e 88 Nadas en 1987 e 1988
Promesa Nados en 1984, 85 e 86 Nadas en 1984, 85 e 86
Absoluto nados dende 1983 ata os 34 anos.
Veteranos a partir dos 35 anos, coas categorías seguintes:
M/W - 35, M/W â?? 40, M/W â?? 45, M/W â?? 50, M/W â?? 55, M/W â?? 60, M/W â?? 65, M/W â?? 70, M/W â?? 75, M/W - 80
En todolos casos debense ter cumplidas as idades reseñadas, no momento de disputala carreira e os junior, ter alcanzado a maioría de idade (18 anos).
AVITUALLAMIENTO:
Existirán postos de avituallamiento líquido no percorrido, e na liña de meta.
A proba será controlada por persoal competente, coa colaboración de Protección Civil para a asistencia médica durante todo o desenvolvemento da proba.
DIPLOMA:
Os atletas que rematen a I Media Marathon Concello de Vilagarcía faranse acreedores dun diploma co tempo invertido e o posto no que cruzaron a meta.
Os residentes en Vilagarcía poderán pasar a recollelo polas oficinas da Fundación de Deportes a partir do día 23 de maio, e o resto recibiralo no seus domicilios â??por correoâ?? a partir de esa data.
Así mesmo a organización entregará unha camiseta conmemorativa a todolos participantes. Estase xestionando cunha empresa de material deportivo a donación do mesmo para reparto entre os atletas populares
PREMIOS:
A entrega de premios realizarase na chegada a partir das 13:30 Hrs.
Entregaranse medallas e trofeos os primeiros clasificados en cada categoría tanto federado como popular
Os premios en metálico ascenden a unha cantidade total 2800, 00 â?¬, repartidos da seguinte maneira:
1ª MULLER/1º HOME: 500,00 â?¬
2ª MULLER/2º HOME: 300,00 â?¬
3ª MULLER/3º HOME: 200,00 â?¬ 1ª MULLER NA META VOLANTE: 100,00 â?¬
4ª MULLER/4º HOME: 100,00 â?¬
5ª MULLER/5º HOME: 80,00 â?¬ 1º HOME NA META VOLANTE: 100,00 â?¬
6ª MULLER/6º HOME: 60,00 â?¬
7ª MULLER/7º HOME: 40,00 â?¬
8ª MULLER/8º HOME: 20,00 â?¬
SEGURO:
Todos los corredores beneficiaranse con unha póliza de seguros de responsabilidade civil.
Os corredores con licencia beneficiaranse das garantías acordadas coa aseguradora relacionada coa súa licencia. Para os corredores populares a Organización contratará un seguro de accidentes.