Dom, 16 Nov 2008, 23:06
Asunto: Re: Carreira Popular San Martiño 2008
1º.- ENCANTADO: De que un tío de élite - Pedro Nimo - comparta sensacións, carreira, valoración, nun foro de populares puros e duros.
2º.- ENCANTADO: Coa mellor carreira popular que coñezo (non corrín Behobia nin Jean Bouin). A verdade é que si seguimos así, o ano que vén so corren os concellais do Bloque!!
Os 6.000 somos bastante gilipollas, que deberíamos esperar que volvan os da gaivota ao poder para voltar a esta carreira putrefacta e politizada.
OLLO: Este ano participei en ducias de carreiras organizadas con cariño e mimo por xente do PP, por toda a xeografía galega, comenzando polo meu pobo: Celanova.
Algún ten que ir a Nova Iorque, pagar 2000 euros e estar a -10ºC desde 3 horas antes do comezo do Maratón, ou a París e ir pisando botellas de mexo durante 2 quilómetros, ou a Madrid onde tamén teñen os seus erros.
¿Coñece alguén algunha prova perfecta?
Como todas son imperfectas, o San Martiño é a mellor: en participación, en nivel atletico, en poder de convocatoria.
E todo desde unha cidade que está a anos luz doutras en poboación e capacidade económica.
ENCANTADO: Eu levo varios anos entrando entre os 200 primeiros. Chamei ao Pabellón, acreditei o tempo e non tiven ningún problema. Fíxeno o pasado luns.
Falei cun tal "Carlos", que non teño o pracer de coñecer, e é un fenómeno.
ENCANTADO: De ver a xente de toda pelaxe e condición atravesar a Ponte Vella: de esquerdas, de dereitas, gordos, fracos, brancos, pretos, mulleres, homes, militares, ecoloxistas, catolicos, ateos, vellos, nenos, guapos, feos, tranquilos, abafados, calvos, melenudos, da Costa, do Interior, Galegos, Españois, Portugueses, Africanos, Principiantes, Veteranos, Ricos, Pobres, solitarios, sociables, competitivos, camioneiros, mestres, psicólogos, auditores, reclusos...
A algúns moléstalles esta variedade, esta riqueza.
Claro que houbo erros, e vainos segur habendo. Cada un conta a feira como lle vai. A mín, como son moi burro, e como non entendo, paréceme unha carreira extraordinaria. Non quero por comparacións con cidades que cuadriplican a poboación de Ourense, nin quero facer comparacións con outras coma a de Santiago.
.... pero cada un quérelle ao seu.
Eu non son deu Ourense, pero ¿Que sería deste foro sin controversias, sin "líos", sin leña ao mono nacionalista?
Teño entrado pouco no foro, e xa vexo que de deporte: de correr, de compartir, de disfrutar, de entrenar, de sentir, de mellorar, fálase mais ben pouco,
Apertas, Bubela