Mar, 18 Nov 2008, 11:01
Asunto: Oinion de corredos, san Martiño
Son un ourensan de 25 anos, levo correndo o San Martiño 5 anos, e para min un orgullo percorrer as rúas da miña cidade, ateigadas de xente, coñecidos e amigos animando..., este ano, quizais, un pouco menos do que ven sendo habitual, sera pola crise. Aquí na casa e onde mellor me sinto correndo, e gracias a esta carreira inicieime e evolucionei coma corredor popular, algo que me enche de orgullo e satisfacción, coma ao Borbón felicitar a todos as festas do nadal.
Por todo isto e por que me gusta que esta carreira siga a ser unha das referncias das carreiras populares, vou a permtirme facerlle a organización unha crítica, eso si constructiva.
- Creo que non foi moi boa idea colocar o avituallamento final da proba ao fondo, xunto a valla do campo de futbol, por que houbo un gran agolpamento de xente e a moitos corredores foille imposible coller nin unha triste auga, nin un zume, que é o que creo que queriamos.Xa que moitos participantes volvíanse tolos para coller unhas palas de plástico, que non valían nada e non permitian aso outros achegarse a por bebida. Penso que a opción de anos anteriores era mellor pois o estar o avituallamento paralelo a parede obliga a facer unha fila e non se produce ese amontoamento de corredores.
- Por outro lado, non sei que pasou, pero o rematar a proba, estivemos esperando ata acceder a zona donde daban as bebidas e as camisetas uns 10 minutos aproximadamente,ou máis, a sombra e moitos quedamonos fríos por iso aconsellaria que se desen primeiro as camisetas.
Sen máis a pesar disto que me gustaría que mellorasen felicito a organización por que sei o dificil que pode a chegar a ser poñer en marcha un evento deste tipo. Pero gustariame que escoitasen as suxerncias dos corredores, para así poder entre todos poder mellorar.
A un que lle da por correr, (a outros,dalle por tirarlle pedras aos avións).