Mar, 18 Nov 2008, 6:03
Asunto: Re: ¿Engadiranse mais carreiras??
Hola a tod@s.
Pido disculpas en primeiro termo ó
admin. por non ter participado no foro e 'mostrado a faciana' como fai él.
En primeiro lugar felicitalo pola implementación técnica; é un avance que simplifica moito as labores de mantemento do circuito que fixeron imposible a súa realización en anteriores ocasions. Hai unha evidente simplificación dos criterios para obter puntos, pero o que debe primar é a operatividade para
que a xente se anime a participar en mais probas que é o OBXECTIVO de facer esta movida.
Sintome un pouco abrumado pola responsabilidade no canto de tomar decisións, non teño eu intención de impor un criterio e agradezo as axudas e comentarios (que si leo, ainda que pode que algo tarde).
Claro que desexamos integrar mais probas, pero para elo precisamos a colaboura das organizacions no intre de confecciona-las clasificacions que é o requerimento técnico principal pois puntuamos os postos das persoas que fan o mesmo percorrido e precisamos pois unha clasificación unitaria.
No canto da proba de Tui coido que se decidiu polo criterio que mais fomenta a participación; calquera que chegue á media (onde a organización vai tomar tempos e publicar unha clasificación) vai a ver reflexo do seu esforzo. O que non sería xusto sería puntuar unha proba dobremente.
As Sansilvestres... quixera escoitar mais opinions a parte da de
Jeffxavi. Eu penso que son unha festa mais que un esforzo ademais de que case ningunha teñen percorrido dabondo.
Non temos ningúnha intención de manter un '
criterio de reparto provincial' eso e o '
reparto local' queda para a política; outra cousa é que coa estructura da base de datos se podan fomentar '
piques' provinciais ou locais...
sempre dentro da mais sana competitividade e bó rollo.
Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html