Dom, 16 Nov 2008, 18:23
Asunto: Carreiras populares e responsabilidade ecolóxica
Noraboa aos organizadores da Carreira Popular de San Martiño. Foi un gran éxito e malia os atascos do final de sempre todo estivo moi ben. O ambiente igualmente bárbaro.
Se cadra polo número tan grande de participantes hoxe voltei para a casa máis preocupado ca de costumbre por un tema que sempre teño en mente cando vou correndo: o gran volume de basura que xeramos durante a carreira, particularmente plásticos.
Se tentei ben, éramos máis de 4000 participantes na carreira absoluta. Eu contei alomenos 3 avituallamentos. Supoñendo que só a metade dos participantes colleran auga neses avituallamentos, teriamos consumido 6000 botellíns. De feito, só uns sorbos deses botellíns. Tralos sorbos, botellín e tres cuartas partes da auga fóron parar na meirande parte dos casos á beirarrúa. Malo para os veciños do lugar, que merecen todo o noso respeto e malo para o medioambente xa que eses 6000 envases de plástico irán no mellor dos casos para a incineración.
Creo que este desperdicio é incompatible co espírito do deporte, do esforzo, do compromiso persoal e a solidariedade das carreiras. Gustariame que os organizadores da vindeira San Martiño, Camiño de Santiago e das demáis carreiras tivesen en conta a preocupación por como deixamos o entorno local (e a preocupación medioambiental en xeral) na organización das futuras probas.
Por que non se poderían empregar vasos biodegradables cun pouco de auga no canto de botellas (se se quere facer publicidade da marca de auga se cadra é máis eficaz cuns carteis nas mesas do avituallamento, chegada e saída)?
Por que non se pode entregar algo de froita e de auga e menos bebidas envasadas? Algunhas carreiras coma o Medio Maratón de Vig-Bay fano ben neste senso.
Necesitamos tanto material de regalo á chegada? Moitas destas bolsas, xogos só se empregarán unha vez e irán á basura. É certo que, a diferencia dos anteriores onde non hai opción e beber hai que beber e alimentarse tamén ao chegar, no tema dos agasallos cada quen é libre de coller estes agasallos ou non.
Ata a próxima carreira... máis limpa?