Lun, 30 Xuñ 2008, 15:32
Asunto: Re: Carreiras de orientación
Vaia...pois en primeiro lugar, darlle os meus parabéns a este crack da orientación que é
jms7... :=D> a saber a donde vai a chegar este rapaz!!!
En canto á proba do sábado en Pontevedra, empezar decindo que correr polo monte é un delicia. Pero correr polas ruas de Pontevedra, entre o bulicio típico dunha tarde de sábado, esto é fantástico. Hasta o de agora podo decir que disfrutei en tódalas carreiras nas que teño participado...pero esta en concreto pareceume unha pasada. Si alguén se quere iniciar no tema de orientación, este tipo de probas urbanas son ideales, xa que os recorridos son máis doados...ou polo menos a min pareceume.
Decidín nesta proba pasarme ó percorrido 5, xa que hasta agora sempre participaba en iniciación longa. E quedei moi contento do cambio realizado: un escalón máis neste aprendizaxe.
A carreira, sin ningún erro, moi divertida a pesares do calor que por momentos quitaba o alento. Ó final, un tempo de 33.15 que me deixou moi contento...(hasta que
Telmocho me comenta que fixo uns 25 minutos no mesmo percorrido: vaia maneira de correr a deste rapaz!!...co que consigueu subir ó podio...aparte de levar para a casa unhas zapas inov-8 igualiñas que as que teño para monte)
Agora a esperar as novas convocatorias das que nos vaia informando
Bugarín a ver si facemos algunha escapada ó extranxeiro