Mar, 02 Dec 2008, 20:56
Asunto: Re: Cuidarse?¿
Ola
Diegoevolución:
Facerse unha analítica de cando en vez é importante, non para mellorar, senón para comprobar que todo está correcto e non tes problemas por falta de ferro, tiroides, etc...
A principios de este ano eu andaba moi canso cos entrenos e sen enerxía nas distancias larga e a analítica valeume para descubrir que tiña falta de ferro e correxir a deficiencia.
Tamén vale a pena facer unha proba de esforzo cada certo tempo por prevención mais que para mellorar.
Na miña experiencia persoal, direite que as melloras sempre as conseguín con adestramentos dirixidos por un amigo titulado en INEF que me coñece e sabe cales son os meus obxectivos, e él é o quen me recomenda as analíticas e as probas de esforzo.
Cando lle fago caso, os resultados nótanse.
Ánimo e adestra con sentidiño
Unha aperta