Dom, 30 Nov 2008, 23:07
Asunto: Re: Entrevista Pedro Nimo
Moitas gracias "Paul", é un honor para mín... cando fun ó meu primeiro mundial coma Junior, en Marrocos, tiven a sorte de verte quedar sub-campeón do mundo tras o gran Tergat... jejejejeje
Graciñas de corazón, este ano será o de meter entreno e disfrutar do atletismo... agora son outra vez un neno con ganas de correr, de mellorar, de gañar... non hay presa, agora fago as cousas ben, e os resultados chegarán, de eso non teño duda... agora só penso en adestrar e adestrar, descansar e sobre todo DESFRUTAR deste deporte e que a xente que veña ás carreiras desfrute comigo, teño moito que agradecer os ánimos da xente que dia a dia, tanto cariño e complicidade me regalan.
Hoxe correndo, nunha parte do circuito, víñame unha imaxe, a dun adestrador que un dia mdixo que eu sería campeón de España de cross... TORRES, O SR TORRES... nunca esquecerei a ese home que tanto traballou polos mais novos, e que tantas veces me animou neste cross Belarmino... e que me viu ser campeón e España Junior, gañar en Amorebieta coma junior, ser terceiro en Maliaño,(xa cos senior), segundo español en Elgoibar...... GRACIAS TORRES, NUNCA SERÁS ESQUECIDO!.
Agardo que todos os que se acercaron ó cross disfrutaran das carreiras e se animen a participar en próxims edicións... no que a min se refire... ¡¡¡¡O MELLOR ESTA POR CHEGAR!!!!.
Gracias a tod@s polos ánimos... se algún dia logro algo realmente importante, un cachiño será de todos vos, diso non vos quepa duda!