Ven, 05 Dec 2008, 14:10
Asunto: XIV Milla Urbana Concello de Porto do Son
Bos dias,
Un pouco a prisa, e esperando que nestos dias o moderador da paxina a inclua no calendario.
Adxunto o reglamento da milla e horarios
Haberá camisetas xentileza de JEFAMA para todos os participantes.
XIV MILLA URBANA CONCELLO DE PORTO DO SON
O Concello de Porto do Son organiza a súa XIV Milla Urbana na localidade de Porto do Son (AC-550 Noia-Ribeira) o sábado 20 de decembro de 2008 baixo o control técnico da Delegación de Atletismo de Santiago (Comité de Xuices da FGA) e de acordo co seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O Control das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago).
2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
BENXAMÍN: Atletas nados nos anos 2000/2001
ALEVÍN: Atletas nados nos anos 1998 / 1999
INFANTIL: Atletas nados nos anos 1996 / 1997
CADETE: Atletas nados nos anos 1994 / 1995
XUVENIL-XUNIOR: Atletas nados nos anos 1990 / 1991 / 1992 / 1993
PROMESA-SENIOR: Atletas nados entre os anos 1975 e 1989
VETERÁNS A Atletas nados entre os anos 1964 e 1974
VETERÁNS B Atletas nados entre en 1963 e anteriores
* As categorías XUVENIL-XUNIOR e PROMESA-SENIOR computarán como unha soa categoría na clasificación xeral e a entrega de premios e agasallos.
3. DISTANCIAS E HORARIOS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
17:00 BENXAMÍN (MIXTO) 500 m
17:10 ALEVÍN MASCULINO E FEMININO 1609,3 m
17:20 INFANTIL e CADETE MASCULINO 1609,3 m
17:35 INFANTIL e CADETE FEMININO 1609,3 m
17:50 VETERÁNS A-B FEMININO 1609,3 m
18:00 VETERÁNS A-B MASCULINO 1609,3 m
18:15 XUVENIL-XUNIOR e PROMESA-SENIOR FEMININO 1609,3 m
18:30 XUVENIL-XUNIOR e PROMESA-SENIOR MASCULINO 1609,3 m
19:15 ENTREGA DE PREMIOS
4. PREMIOS E TROFEOS
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados de cada categoría e sexo. Nas carreiras absolutas masculina e feminina e nas de veteráns percibirán ademáis PREMIO EN METÁLICO OS SEGUINTES CLASIFICADOS:
Carreira absoluta masculina:
1º-…….. 250 €
2º-…….. 100 €
3ª- …….. 60 €
4º- …….. 30 €
5º- …….. 30 €
6º- …….. 30 €
7º- …….. 30 €
Carreira absoluta masculina:
1º-…….. 250 €
2º-…….. 100 €
3ª- …….. 60 €
4º- …….. 30 €
5º- …….. 30 €
Carreira veteranos Masculino
1º - ….. 75 €
2º - ….. 50 €
3º - ….. 30 €
Carreira veteranos feminina
1º - ….. 75 €
2º - ….. 50 €
3º - ….. 30 €
PREMIOS ESPECIAIS
*CATEGORÍA XUVENIL-XUNIOR: Premio en material deportivo para o 1º clasificado desta categoría xentileza de Deportes Miguel Mayán e Reebok.
*Premio en material deportivo para o 1º clasificado local nas categorías: veterán, promesa-senior, xuvenil-xunior e cadete xentileza de Deportes Miguel Mayán e Reebok.
5. As inscricións poderanse remitir ó correo electrónico inscricionsFGAsantiago @ gmail.com, ou ó FAX nº 981 191559 facendo constar os seguintes datos: Nome e Apelidos, data de nacemento, clube e nº de licencia federativa (se a ten) e localidade de procedencia . Tamén poderase realizar a inscrición o mesmo día ata 1 hora antes (TEMPO LÍMITE) do inicio de cada carreira.
PRÉGASE REALIZAR A INSCRICIÓN PREVIA A
TRAVÉS DE FAX OU CORREO ELECTRÓNICO
(data límite: 19 de decembro ás 20 h por estes medios)
6. Haberá servicio de duchas e vestiarios a disposición dos atletas no polideportivo municipal.
7. As reclamacións os resultados oficiais deberán formularse verbalmente o Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
8. Todo o non recollido no presente regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor.