Mar, 09 Dec 2008, 10:48
Asunto: Re: Carreira Popular de Cangas 7 decembro 2008
Nesta non chovia, menos mal, ía co terceiro par e o único seco....
Retraso inmenso na saída, o quecemento non serve... e non moita xente a verdade.
A carreira foime aceptábel, e sobre todo seca!.
É preciso contar o que me ocorreu durante a carreira. Fun tirando máis da metade do 923, e como sospeitaba pasoume na última volta, mais non ocorreu o habitual, que che pasen e adeus. Deime pasar diante del nos últimos metros. Si señor, iso é deportividade e exemplo. Segundo el lle fixera a carreira, pois non me tería parecido mal que me pasase, pero o xesto é unha demostración do mellor espiritu deportivo.
Ao final fixen 36:17, que para 9000 é lentorro, será cousa do esforzo de Moaña...
Xa marchando coñecin a Lemond19, compoñente dos Athletics de Vigo, saúdos para el e Bareixa, e desexos para el de que poida durmir e volver á ruta canto antes.
Lemond 19 comentou que non lle pareceran 9000, que el pensaba que debia ser máis, e como vexo os GPS confirmaronno....
Mais 9700 a 36:17, me sae a 3:45 e me parece moi rápido. Algo menos será pero serán 200 mts arriba ou abaixo e iso para min está moi ben....
Última edición por Franki o Mar, 09 Dec 2008, 16:55; editado 2 veces