Lun, 15 Dec 2008, 12:19
Asunto: Re: VII Lugo Monumental
Cheetos escribió: |
Realmente sería recomendable que alguén nos recollese o dorsal ós que vamos de lonxe ? E que na San Martiño movilizamos unha familia enteira en Ourense para ter o dorsal xa o sábado e despois dímonos conta que estaba moi ben organizada a recollida no mesmo día da carreira...
E outra cousiña, para os que non coñecemos moi ben Lugo ... ... ¿por onde nos recomendades entrar co coche? Graciñas anticipadas. |
Os que veñades de Ourense e Santiago xa entrades pola Avenida das Américas, seguides ata o último semáforo, colocádesvos no carril da dereita e subides pola rúa Chantada (ollo, a da dereita, non subades por Germán Alonso que é dirección prohibida). Cando vexades a Muralla, seguides a Ronda ata a porta de Santiago (pola que subiremos logo en carreira), ahí podedes coller á dereita, para aparcar na explanada do Palacio Municipal. Se ides ao subterráneo seguides a Ronda, e logo da Rúa Vilalba colledes á esquerda.
Os que vides da Coruña, ao saír da A6 pasádes recto tódalas rotondas, colledes dirección Mardrid (cara abaixo, non vos incorporedes na primeira saída a Lugo), e ao pasar por baixo da estrada que sae cara Santiago, apartedes á dereita, agora sí, dirección Lugo. Así estaredes xa na Avenida das Américas, e seguides todo o dito no parágrafo anterior.
Bueno, creo que a miña capacidade de síntese acaba de quedar en evidencia
. Igual despisto máis que axudo. jejeje