Ven, 12 Dec 2008, 9:50
Asunto: I San Silvestre Volta as Facultades (Santiago)
O CARSantiago, nun exercicio de nostalxia de moitos dos seus compoñentes, quere organizar a
I SAN SILVESTRE VOLTA AS FACULTADES.
-Esta proba celebrarase o vindeiro Martes ,30 de Decembro.
-Este circuito, que moitos facíamos todolos Xoves en competición por equipos, ten 6km 500 m.( aprox.).
-A saída será de Galeras ás 21'00 h. en punto. Antes a organización pon a disposición de tódolos participantes o parque enteiriño para que poidan quentar.
-O percorrido, saíndo de Galeras-Carme de Abaixo-San Lourenzo-Monte da Condesa-Fac. Psicoloxía-Fac.Matemáticas-Fac.Bioloxía-Fac-Políticas-Fac Dereito-Fac.Farmacia-Estadio Universitario-San Lourenzo-Monte da Condesa-Fac. Psicoloxía-Fac.Matemáticas-Fac.Bioloxía-Fac-Políticas-Fac Dereito-Fac.Farmacia-Estadio Universitario-San Lourenzo-Carme de Abaixo-Galeras.NON ESTARÁ SINALIZADO, nin marcados os km, nin cortado o tráfico.(Pero malo será oh!!!)
- A carreira vai ser todo o competitiva que cada quén queira. O que sí podemos asegurar é que non haberá máis premio que a satisfacción de correr con moitos amigos.
- A carreira non estará controlada con chip, agora se o tés é mellor que o leves ,para que o numeroso público que vai asistir vexa que é unha cousa seria, cunha organización responsable, aínda que non sirva para nada( neste caso).
-Consecuentemente, non esperedes ver a clasificación os cinco minutos de chegar...porque non. (Nin creo que en todo o ano, que ven, se entende)
- A organización tivo a ben colocar dúas fontes no traxecto a xeito de habituallamento. (Houbo negociazións con Estrella Galicia para que foran de cervexa, pero non garantizaban o suministro suficiente, polo que terán que ser de auga.)
- Como esto vai un pouco o chou, a organización se chega a decatarse de algo que necesitedes saber (para a carreira) irá soltando máis información.
Só esperamos poder xuntar a unha manchea de amigos, para facer o último entrenamento do ano todos xuntos co humor que nos caracteriza.