Dom, 14 Dec 2008, 22:21
Asunto: Re: VII Carreira Pedestre do Nadal
Primeiro de todo unha mensaxe para
Tara, sinto moito que non puideras vir ó noso "pique" persoal
, xa me extrañou non verte, que todo sexa un sustiño e que teñamos un duelo ainda que sexa indirecto (se a climatoloxia non o impide espero estar na Monumental de Lugo) o proximo domingo (xa ves que
JeffXavi nos cita nas suas cronicas, non sei se non andara metido nalgunha lea de apostas á nosa conta
)
Segundo un aplauso enorme para todos os valentes que hoxe nos botamos á carreira, somos como os romanos de Asterix, uns autenticos tolos........cando pasei pola neve da Cañiza xa me temín o peor
........e así foi.....meteorolóxicamente a carreira mais dura da miña vida
.....que ainda non son moitas pero correr con neve, auganeve, chuvia e frio coma hoxe ningun dia (o mais parecido a LugoMonumental do ano pasado polo frio pero nin de lonxe o de hoxe..........un grande entreno-test para a Monumental deste ano)
En canto a carreira en si......persoalmente moi feliz
......un traballado oitavo posto (pola cola, of course) que para o dia que estaba, a dureza do percorrido e sendo a segunda carreira da fin de semana despois da de onte en Mos está máis que ben.......e ademais cumplindo un dos meus obxectivos en todas as carreiras, o de facer menos do dobre do gañador. Sain no ultimo posto e o meu lado un rapaz me dixo "tu tranquilo
que ya veras como muchos de estos caen, que no saben lo que se les viene encima".....e asi foi, pouco a pouco fun adiantando algunha xente (lastima dos 3 postos que perdin no descenso final) e sobre todo concentrado no meu ritmo, sen parar en ningunha das multiples costas
, xa só por iso podo dicir que foi unha boa carreira
. E na chegada pasoume algo curioso......logo de coller a camisola (chulisima
!!!!) e un auga pensei para min "que avituallamento mais escaso" e fun coller un platano que tiña no coche......e ó volver foi cando me din conta do pedazo de avituallamento a cuberto que nos preparou a organización (unha nota altisima para vos, non me extraña a grande participacion
) con bica, viño, augas, isotonicas, bocatas, empanada....... guau
!!!!! Un luxazo!!!
E para rematar tamén contento porque tiven o foreiro
Baoes a tiro durante case toda a carreira....ainda que o final se me escapou un chisco.....que saibas amigo que un dos meus obxectivos a curto prazo e aguantarche o ritmo ata o final nalgunha carreira
........pero en plan sano, eh??
Saudos para todos e perdon polo ladrillo
Se eu puiden, ti tamén...