Ven, 19 Dec 2008, 10:05
Asunto: Re: Carreira Popular Fin de ano Ares Mugardos 2008:28/12/200
Bo día a todos e a todas!.
Primeiro dicirlle a Pedro Nimo que é unha mágoa que non poida estar con nós ese día aínda que agardamos poder velo en vindeiras edicións. Aproveitamos para felicitalo pola tempada que está a facer e, ó igual que a todos e a todas os foreiros, desexarlle os mellores éxitos para o vindeiro ano que pronto comezaremos. Sorte Pedro.
Segundo comentar que a dureza en sí da proba non é tal, aínda que é preciso ter en conta que de Ares a Mugardos, escomezamos a proba polo pobo de Ares cun perfil de carreira totalmente cha e agradable de correr pero ó kilómetro xa comeza unha progresiva subida que nos vai a acompañar durante un km e medio ata acadar o Alto de Simou. Como todo o que sube baixa a partires de eiquí toca baixar durante aproximádamente outro kilómetro e medio ata chegar o peirao de Mugardos para xa dende alí iniciar unha subida de dous kilómetros que de novo achegaranos ata o Alto de Simou, no meio estará o paso polo pobo de Mugardos onde estará situado o avituallamento líquido xusto enfronte ó Concello mugardés. Tralo Alto de Simou, de novo espectacular baixada ata a entrada de Ares e xa dende alí e tras 400 metros de terreo liso, faremos unha última subida de 100m ata a liña de meta do Pavillón. Por iso o de rompepernas, só por iso. Ánimo e a por elo. Feliz Nadal e agardamos que vos sigades anotando como o estades a facer pois cantos máis sexamos máis forza daremos a este tipo de probas. Grazas.