Lun, 22 Dec 2008, 13:14
Asunto: Re: Equipo: PURA RAZA GALEGA (PRG)
A ver
pilotín (así se te coñece no pelotón, mal que te pese...), eu en Porto vou pasar de ti completamente. Esa non é a miña guerra. O perfil "suave" desa carreira non se axusta á miña barriga, non puntúa para o Circuito, o empacho de Noiteboa dura 15 días na miña familia e, que carallo, en boxeo o campión é o que decide cando pon o título en xogo ... xa sei ... na Meia de Viana do Castelo.
E, por certo, en Lugo entrei no posto 557, contei mal (43 postos por diante do obxectivo...), pero
fandi andivo igual de preto do lacón do posto 600 que
Chimpín do "lacón milenario". Nunca o PRG estivera tan cerca da gloria!
E outro por certo, menudo subidón de adrenalina que me deu a volta por riba da Muralla. Tempazo que fixen: 10:08 (!). Igual si que te reto en Porto...