Lun, 12 Xan 2009, 21:16
Asunto: Re: hola muy buenas
Moi boas a todos/as:
Eu tamén son novo por aquí, xa levo un tempo consultando a páxina, pero non me inscribín ata hoxe. Son de Pontevedra ( vivo en Marín), ainda que polo meu traballo viaxo por toda Galicia, e en consecuencia tamén entreno onde podo.
Por contarvos un pouco a miña vida deportiva, direivos que fun xogador de balonmán dos 9 os 27 anos (xoguei no Sagrado Corazón, Cisne e Bueu). Para unha vez retirado empezar a correr por ser o único deporte que podía facer atopándome constantemente de viaxe. Engancheime a carreira e ata o momento levo 3 maratóns ( Mapoma 2005, Penedos do Lobo-Montaña 2007, e o derradeiro Berlín 2008), unhas 8 medias ( 5 Vig-Bay, 2 Vilagarcía e 1 Pontevedra) e un par de 10 km. no Cuvi, a de Santiago 2008, e San Martiño 2008. Non son un gran corredor, pero voume defendendo, para que vos fagades unha idea os meus millores tempos son 3:32 en Maraton, 1:33 en media e uns 42´en 10 km.
O caso é que xa estou un pouco canso da carreira, e para este ano teño pensado estrenarme no Tri, en concreto inscribinmne no Triathlon de Lisboa para o 25 de Abril, é un medio ironman; digamos que de perdidos ó río.....
Xa merquei bici ( ¡foder! que caras son ), e xa levo unhas cantas semáns de entreno, pero quedan moitas máis. Durante a semán vou nadar as 7 da mañán na Piscina Municipal de Marín un par de días ( luns e venres, tento meter outro día o mércores onde esté. Xa probei nas piscinas de Frigsa en Lugo, e na Coruña nunha de Sidecu que está no paseo que vai a praia de Oza ), donde unha monitora Eva estame botando unha boa mán para tentar millora-la técnica ( estoulle moi agradecido ), saio correr os martes, mércores e venres sobre as 6:30, e os venres, sábado e domingo tento sair ca bici ( realmente estou facendo estática na casa os venres e sábados), e saio a carretera os domingos. Así que si alguén por aquí sae os domingos ca bici a rodar non me vendría mal.
¡ Menudo rollo os metín !, bueno para máis información para o mes cumpro 39 ( xa non son un rapaz ), e teño dous preciosos fillos ( Breixo 6 anos e Uxía 4, de aí o de Breixía ) e unha maravillosa muller que me atura todas estas locuras.
Lín algún comentario de clubes de triathlon en Pontevedra, vos podo dicir que no Complexo Deportivo Rías do Sur, están tentando crear un, millor dito recuperar porque xa o tiveron formado; e por outra parte na tenda de bicicletas MOTOBIKE, se sodes clientes da tenda, os poden xestionar o da licenza, eu supoño que o farei con eles.
Pois alá, xa vos deixo por esta vez, e prometo non ser tan pesado nas próximas.
Deica