Ven, 02 Xan 2009, 18:35
Asunto: Re: San Silvestre Pontevedra
Ola a tod@s e feliz ano 2009!
Gustariame por comezar por sinalar os puntos positivos que foron o éxito de público e a boa vontade da xente da Gimnástica que organizan a carreira, os que lle transmito o máis sinceiro agradecemento.
Sobre os puntos en contra ,tod@s os que correron en Pontevedra coinciden en criticar moi desfavorablemente o tema da saída.
E evidente que é manifestamente mellorable e non vale a escusa das obras. A saída pudo ter lugar un pouco máis adiante no percorrido, nun sitio máis amplo.
Pero non é só un problema de espazo e tamen de orde,co volumen de participación de mil persoas non poden tomar a saíada ó mesmo tempo nen@s e mairoes. A organización debería segregar @s nen@s d@s maiores, retrasando a saída d@s pequen@, un minuto para evitar incidentes que este ano poideron ocurrir. Un bo corte sería nos 16 anos, podendo incluso, baixo este pretexto, aproveitar para montar unha carreira escolar que incentive a participación dos máis cativos.
Outro punto a criticar e a actuación do Concello de Pontevedra. Apuntades varios de vós que existe unha sensación de improvisación que se manifesta en todo o percorrido, e que se percibe pola reacción da xente frente ós atletas. Esta carreira publicitase básicamente co boca a boca, o concello non da conta da súa celebración, nin siquiera pra avisar de que se cortará o tráfico. Pero esto non sucede so con esta carreira, pasaba tamen na de Vialia e na media, e todo porque os responsables políticos non se interesan por este deporte, para o concello estas probas atléticas sinxelamente non existen.
A xente que non este implicada neste punto entérase de que se celebra San silvestre en Pontenvedra no momente en que ve a un grupo numeroso de corredores polo medio da rúa.
Polo co respecta ó do corte do tráfico, parece que este ano alguen tomou boa conta das reiteradas queixas de todos os atletas e sí se cortou o tráfico.
Algun de vós critica o percorrido. A min o percorrido paréceme perfecto. Creo que unha carreira destas características ten que ter un percorrido vistoso, curto e a poder ser con ambiente de público. O de Pontevedra cumple todas as premisas, é un auténtico acontecemento festivo. A xente quere pasalo ben, e quedar unha boa experiencia.
Algun de vos di que sería bo aumentar a distancia. Penso que iso non sería bo. Creo que faría recuar de particpar ós que non son corredores aficionados, que son os máis numerosos nesta carreira, e que son os que lle dan encanto ó acontecemento.
A mesma crítica merece ó de poñer prezo á incripción, que xa que estamos, é un mal que se extende silenciosamente por estes lares co asombroso agrado de moitos corredores, e que lentamente vai permitindo que tamen se mercantilice o atletismo popular.
Para finalizar saúdar especialmente a todos os do CA Milladoiro que me apereceron ali de sorpresa e que me deron unha boa alegría para finalizar o ano.