Dom, 04 Xan 2009, 15:09
Asunto: 1ª Carreira ILEGAL d@s Amigo@s de Castrelos - Vigo
Da idea de un dos compoñentes do noso clube (Clube Atletismo Vigo), preséntovos neste foro, a que denominamos 1ª Carreira ILEGAL d@s amig@s de Castrelos, o vindeiro Domingo 18 de Xaneiro.
A idea, é de pasar un rato xunt@s despois das festas, e xuntarnos nunha pequena pachanga, que só servirá pra que cada un tome os seus tempos, e logo tomar xunt@s, ó que a cada quen lles sobre deste pasado Nadal, ou sexa, que cada un traia unha botelliña de sidra, ou algun turron que sobrou etc., para facer un "piscolavis" de despedida do Nadal 2008.
O día 18 de Xaneiro (Domingo), tod@s aquel@s que queiran participar, nos concentraremos sobre as 9 da mañan en Castrelos, na ponte donde normalmente se fan os estiramentos, pra sair sobre as 9,30 quentando ata San Andres de Comesaña, no paseo do Lagares (Donde están os Coellos).
Dependendo do Nº que sexamos, se fará unha ou varias tandas (por edades) e se pretende facer entre 8 ou 10 Kms.
Todo depende un pouco da aceptación da idea.
Vos contarei máis en días sucesivos, e pretendemos facer un pequeno Cartel caseiro que tratarei de metelo no foro.
Esperamo-la vosa opinion, e por suposto a vosa participación.
Ahhhhh, sin xuices nin controles, etc.
Unha aperta.