Lun, 12 Xan 2009, 10:49
Asunto: Re: II 10KM Vila Xinzo de Limia
Ainda que está case todo dito, ai vamos:
Cousas positivas:
-Ver de novo os compas do
PRG e demais foreiros (grande ambiente!!)
-O agardado frío que non o foi tanto nen moito menos (foi moito peor este ano en
S.Cibrao ou na
Escusa)
-Organización case perfecta con puntualidade, puntos km marcados, aparcamento, cronometraxe con chip, duchas de auga quente (na piscina polo menos
), as camisetas moi chulas, o avituallamento do final(que ricas todas as viandas, especialmente o xiculate!!!, os de Ourense si que sabedes, porque en
S. Cibrao fixeron tamén o dos pinchos).
-Percorrido de verdade sen ningunha dificultade (ainda que se bota d menos algunha baixadiña.....jeje, por dicir algo
, que me gustou moito a proba).
-Na carreira cumplin 3/4 dos obxectivos (rematar a 1º volta, que non me dobraran e rematar a proba) e sen ser a mellor das miñas tampouco foi tan mala, a fin de contas baixei a miña marca "oficial" dos 10000 en case 3 minutos (a referencia era a S.Martiño onde tivera un pajarón bestial
)
Cousas negativas (poucas):
-Non conseguin o 4º obxectivo que era baixar de 1h nos 10km pero bueno, xa so me faltan menos de 3 minutos, e teño todo o ano por diante
-Despois de aguantar toda a carreira cunha "rival" uns cantos metros por detrás na última recta pasoume
facendome perder unhas decimas para o circuito e ainda por riba tocalle premio no sorteo
-Quitar a música cando fagades o sorteo/entrega de premios porque xa de por si a acústica do pavillón non era moi boa.
-A policia local as veces daba paso o tráfico por onde ainda estabamos correndo os ultimos, ainda que é certo que en ningun momento houbo situacións de perigo.
-Ós habitantes de Xinzo non os vin moi implicados coa carreira, os poucos que había polas rúas miraban con cara de "a onde iran estes tolos", pero bueno a desculpa pode ser que un domingo pola maña co fresquiño non apetece moito estar asi parado mirando pa uns tipos correndo, supoño.
En resumo, que se a vida mo permite o ano que ven voltarei para intentar sacarlle 5 minutiños ó crono, que a proba en si gustoume moito, felicidades
Presy e resto de organización
PD1:
Tara, a culpa foi miña, quen che ia dando a vara era eu a ti coas batallitas de abuelo cebolleta, certo que cando cambiei un pouco o ritmo e me marchei uns metros(porque me saca de quicio o ruido da ambulancia detras) iba ben pero na segunda volta paguei o osixeno que gastei nos dous primeiros km falando contigo....pero a culpa é so miña, por laretas
PD2:
Jeffxavi, estás como un cencerro tio....a quen se lle ocurre correr tal e como estabas
......a todo esto espero que agora si esteas descansando rapaz.....e por certo.......o pique con
Tara d momento vai ben pero non me podo descuidar porque está co coitelo entre os dentes para cando me descoide pegarme unha pasada. Pero non che vou dar mais información porque seguro que andarás metido nalgunha lea de apostas a nosa conta
Se eu puiden, ti tamén...