Mér, 14 Xan 2009, 8:09
Asunto: Re: Equipo: PURA RAZA GALEGA (PRG)
Hai duas en Padrón
Fandi, unha o 7 de marzo de aprox 10km e outra en Abril de 13km e pico, unha pre e outra post Vig-Bay. A ver se nos volvemos saudar nalgunha delas

.
Cheetos &
Chimpin non vos podo acompañar o sábado, finalmente o compromiso familiar volveuse ineludible, especialmente se o día seguinte quero estar en Boborás

, xa me apuntarei a unha rodaxe desas ants da Vig Bay. Por certo, onte fixen o entreno mais longo da miña vida

(ainda que para a maioria da xente que escribe neste foro debe ser do mais normaliño),
12 km polo "polígamo" da Granxa metendolle duas subidas a mesma costa e rematando fresco como unha leituga (o corpo humano é sorprendente e impredecible pois non tiña nin gañas de sair a correr).....1h e 16 minutos...na miña liña habitual....pero salvo en Compostela nunca correra tanto tempo seguido, asi que a preparacion para Viana parece que vai indo ben.....
Saudos
Se eu puiden, ti tamén...