Ven, 09 Xan 2009, 12:06
Asunto: VII Carreira Popular Concello de Padrón
Buenas, el próximo 7 de Marzo teneis que hacer un hueco en vuestro calendario para la...
VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PADRON
Copio y pego reglamento. Ah, el 11 de Abril es la de Pascua (13,2 km). Saludos y hasta pronto
La novedad principal será el control de chip para las categorías escolares. Los premios económicos se aprobarán en unos días, y como dice el reglamento, serán dados a conocer antes del 7 de febrero.
A VII Carreira Popular “Concello de Padrón”, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Padrón, celebrarase o vindeiro Sábado 7 de Marzo de 2009 a partir das 16:00 horas.
A proba rexirase polo seguinte REGULAMENTO XERAL:
- PROBAS: (ver plano) celebraranse 6 probas con percorridos e horarios diferentes según as categorías. A saída e chegada de todas elas será no Paseo do Espolón:
PROBAS ESCOLARES: dende pitufos ata cadetes.
Proba; HORA; CATEGORÍAS (masculinas e femininas); Distancia
1ª 16:00 H ; Pitufos: nados/as en 2005 e posteriores: 100 metros.
2º 16:10 H; Prebenxamíns: nado/as en 2004-03-02; 500 metros (1 volta paseo do espolón)
3º; 16:20 H; Benxamíns: nados/as en 2001-00; 500 metros (1 volta paseo do espolón)
4; 16:30 H; Alevíns: nados/as en 1999-98; 1.000 metros (2 voltas paseo do espolón).
5ª; 16:40 H; infantís:nados/as en 1997-96 cadetes: nados/as en 1995-94
3,5 km (Paseo Espolón - inicio Paseo Fluvial).
PROBA ABSOLUTA: 6ª: 17:30 H; 10,480 km: 2 voltas a un circuito (pasando por líña de meta)
CATEGORIAS MASCULINAS E FEMININAS
XM: Xuvenís -Junior – Promesa: 1993 - 1987
XF: Xuvenís -Junior – Promesa: 1993-1987
SM: Senior: 1986-73
SF: Senior: 1986-75
VAM: Veterán A: 1972-63
VAF: Veterano A: 1974-65
VBM: Veterán B: 1962-53
VBF: Veterano B:1964 e anteriores.
VCM: Veterán C:1952 e anteriores
CONTROL CON CHIP: Tóda-las probas (incluídas as escolares, agás a 1ª proba de pitufos) estarán controladas ao longo do percorrido a través dun chip que se entregará a cada corredor e que deberá colocar nas suas zapatillas antes da saída. . Os corredores teñen a OBRIGA de devolve-lo ó finaliza-la proba AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO. Este Chip, finalizada a proba, non ten ningunha utilidade.
DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a (DE CALQUIERA PROBA) que non entre en líña de meta co dorsal ben visible NO PEITO para a sua identificación, cometa algunha irregularidade, ou non respete as indicaciones dadas pola organización, será automáticamente descalificado/a.
INSCRICIÓNS: ata o Xoves 5 de Marzo ás 12:00 horas na web:
www.championchipnorte.com. (se non eres usuario, debes de darte de alta no apartado “rexistrarse” e seguir as instruccións para formaliza-las inscricións que desexes). Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todolos datos obrigatorios.
PRECIO da inscrición (toda-las categorías agás a de pitufos levan control con chip):
Categorías escolares : GRATUITA
Propietarios Chip Amarillo Championchip: GRATUITA
Corredores sen Chip amarillo Championchip: 2,00 € en concepto de aluguer do chip.
NOTA: A PRE-INSCRICION NON SE COMPLETARÁ SE NON SE FAI O PAGO NO MOMENTO DE INSCRIBIRSE EN
WWW.CHAMPIONCHIPNORTE.COM
Calqueira dúbida relacionada co proceso de inscrición deberedes dirixirvos ó teléfono: 982 81 68 84
Calqueira dúbida relacionada coa organización da proba: 981 81 13 29 (horario de mañá); 696 56 73 17 (horario de tarde).
RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS: Realizarase o día da proba no AUDITORIO MUNICIPAL (ao carón do Centro Social, no Campo do Souto. (Ver plano), no seguinte horario: de 12:00 h a 13:00 h (recomendable); dende as 15:00 H ata media hora antes do inicio de cada proba.
- Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados por kilómetro.
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.
- Nas probas 5ª e 6ª dispoñerase de coche escoba para aquel@s corredor@s que por algunha razón non poidan finaliza-la proba.
- Vestiarios e duchas: habilitaranse 2 pavillóns(ver plano);: Pavillón do Souto (so para homes) e Pavillón Grupo Escolar (para homes e mulleres). Horario: 15:30 h – 19:30 h.
- Resultados:
www.championchipnorte.com, www.correrengalicia.org.
TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS:
Camisetas conmemorativas ata fin de existencias no momento de retirar o dorsal e o chip.
PROBAS ESCOLARES:
- Trofeos aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
- Agasallos según dispoñibilidade e ata fin de existencias.
PROBA ABSOLUTA:
Premios económicos + diploma personalizado:
HOMES (30 primeiros clasificación xeral masculina):
Postos 1-10: 50 €
Postos 11-20: 30 €
Postos 21-30: 25 €
MULLERES: (10 primeiras clasificación xeral feminina):
Postos 1-5: 50 €
Postos 6-10: 30 €
Trofeo aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
Trofeo especial aos 3 primer@s da clasificación Xeral Masculina e Feminina + material deportivo de alta gama
donado por Naútica A Poutada + Lote productos EROSKI CENTER de Padrón (valorado en 60, 30 e 20 € respectivamente) (igual para homes e mulleres).
Agasallos según disponibilidade e ata fin de existencias.
- META VOLANTE: O Balneario Termas de Cuntis doa aos 3 primeros homes e mulleres en cruzar a meta ó
término da primeira volta (e que finalicen entre os 10 primeiros/as da clasificación final) 1 invitación para 2 personas para pasar un día no Centro Termal AQUAFORM de Cuntis.
PREMIOS ESPECIALES:
- 1º/ª Corredor/a local: Trofeo + Carnet Deportivo gratis ano 2008.
- Trofeo Participación (colexio/clube con mais corredores inscritos que finalizasen a proba), Trofeo Benxamín
(corredor/a menor idade), Superveterán (corredor maior idade) e Superveterana (corredora maior idade).
SORTEO: de productos doados polas firmas colaboradoras: (Ó finaliza-la entrega de premios).
- ENTREGA DE PREMIOS: realizarase no AUDITORIO MUNICIPAL DE PADRON ás 19:00 h. aproximadamente. Poderase exixir o DNI se a organización o solicitase ó recolle-lo premio.
O pagamento dos premios en metálico e entrega de diplomas realizarase no hall do auditorio municipal, ás 18:30 horas, con anterioridade a antrega de premios. (expoñerase a maior brevidade posible un listado de clasificacións). E obrigatorio presentar DNI.
- A Concellería de Deportes do Concello de Padrón non se fai responsable dos daños morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
- Dado o carácter deportivo e popular da prueba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todo-los participantes. A organización resérvase o dereito a modificar este
regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase según o criterio técnico da mesma, sendo as suas decisións inapelables. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu aobligado cumplimento.
SÁBADO 11 DE ABRIL: XXXII CARREIRA POPULAR DE PASCOA DE PADRÓN; 11:30 HORAS
Última edición por yomismo o Mér, 28 Xan 2009, 9:00; editado 3 veces