Admin escribió: |
- Carreiras puntuables: aquelas nas que homes e mulleres participan na mesma distancia e cunha clasificación conxunta. - Baremación: coeficiente segundo a distancia. En probas duras polo seu perfil (subida Monte Aloia, Monte de San Roque...) este coeficiente pode ser un puoco maior do que lle correspondería por distancia. - Localización: este ano só entran carreiras galegas por motivos de facilitar a xestión do Circuito. Espero que fóra de axuda. |
Lois escribió: |
Admin, Kandpalleiro, quixéravos propor que establezades un criterio a propósito de engadir carreriras no calendario do circuito en datas próximas á celebración das mesmas. O meu plantexamento xurde polo seguinte: ó non ver nada no calendario do circuito para os días 24-25, apunteime a Meia de Viana, e agora que vexo que a de Rábade é "puntuable" teño a tentación de non ir a Viana e ir a Rábade... Entendo que por un lado está ben promocionar as carreiras propias (galegas), pero que se debería evitar a inscripción infructuosa a outras carreiras, entendendo que se xenera un trastorno para os eméritos organizadores. Tende en conta que incluso se poden xerar conflicto entre 2 ou máis carreiras galegas. O que propoño é simplemente que para incorporación de probas marquedes un límite máximo de proximidade a data de celebración (tendo en conta os períodos habituais de peche de inscripción). Así cada quen pode esperar a ver o calendario regularmente, e anotarse as carreiras que mais satisfagan os seus criterios persoais, entre os cales parece indiscutible que está o de participar en carreiras puntuables. Grazas polo circuito e as miñas felicitacións polo voso traballo (esforzo+resultados) :=D> Saúdos. |
JEFFXAVI escribió: |
ok meu, se decides en ir a Viana tamén me animo acompañarte e ata podemos xantar por ali.Falamos, unha aperta |
Lois escribió: |
Ó final estou nun lío en canto ó correcto da miña actuación: . Manter a inscripción de Viana . Ou satisfacer a miña ambicion de puntos en Rábade. |
Lois escribió: |
O que propoño é simplemente que para incorporación de probas marquedes un límite máximo de proximidade a data de celebración (tendo en conta os períodos habituais de peche de inscripción). |